O próximo xoves 27 de setembro Meniños presentará a “Guía de Impacto da Violencia de Xénero sobre nenos, nenas e adolescentes”

O próximo xoves 27 de setembro ás 11:30, terá lugar o Acto de Presentación da “Guía de Impacto da Violencia de Xénero sobre nenos, nenas e adolescentes”. Esta presentación contará coa participación de Mónica Permuy López, Directora da Fundación Meniños, Valentín Escudero, Director da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da Universidade da Coruña, e María da Paz Pimentel, representante do Instituto para o Desenvolvemento Social do Goberno de Azores.

Esta guía é froito do traballo conxunto da Fundación Meniños, a Unidade de Investigación e Coidado Familiar da Universidade da Coruña (UDC) e o Goberno Rexional de Azores (Portugal). Durante 10 meses, as tres entidades compartiron investigación e posta en práctica para conseguir que esta guía fose unha ferramenta eficaz para orientar aos técnicos de servizos sociais e intervención familiar no traballo con nenos e nenas expostos a situacións de violencia doméstica.

O resultado foi unha proposta teórica e práctica que guía ao profesional nas estratexias, técnicas e instrumentos que poden utilizar no seu traballo, a modo de proposta que permite a súa adaptación en función da situación, contexto e familia en particular.
Meniños é unha onegué de orixe galega que desenvolve programas de atención familiar, investigación e proxectos educativos en Galicia, Asturias e Madrid. Todas as liñas de actuación despregadas comparten o obxectivo de tratar de garantir que se cumpra o dereito de todos os nenos e nenas a vivir nunha familia e en condicións plenas de seguridade e afecto.

Descargar a convocatoria de prensa

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Experiencias, Fundación, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s