Meniños presenta a súa Guía de Impacto da Violencia de Xénero sobre nenos, nenas e adolescentes

Hoxe tivo lugar na sede central de Meniños a presentación da “Guía de Impacto da Violencia de Xénero sobre nenos, nenas e adolescentes”.  Na mesma, participaron Kucha Movilla, Directora Técnica da Fundación Meniños, Valentín Escudero, Director da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da Universidade da Coruña, María da Paz Pimentel, Xefa da División de Acción Social do Instituto para o Desenvolvemento Social do Goberno de Azores, e Rubén Lima Santos, Representante do Centro de Terapia Familiar e Intervención Sistémica de Azores.

Este traballo trasnacional elaborado por diversas entidades de Galicia e Azores, xunto co Goberno Rexional de Azores, é froito da necesidade detectada de dar atención e visibilidade aos nenos e nenas víctimas da violencia de xénero.

Calcúlase que hai uns 188.000 nenos en España que son víctimas de violencia de xénero, e 44.000 en Portugal, unhas cifras que, segundo a Directora Técnica de Meniños, Kucha Movilla “escandalizan”.

Como salientou Valentín Escudero, “no ámbito do traballo coa violencia de xénero tense enfatizado a visión da parella, e non a perspectiva das mulleres víctimas como nais, e dos agresores como pais”.

María Pimentel destacou o reto que supuxo esta colaboración con distintas entidades, levada a cabo en resposta á preocupación do Goberno de Azores pola violencia de xénero e o seu impacto nos nenos e nenas.

Doutra banda, Rubén Lima Santos falou sobre o traballo que se está facendo a partir da guía, coa formación dos técnicos que traballan en casas de acollida de mulleres en Azores. O obxectivo e dotalos de medios técnios e capacidade de avaliar os danos.

A guía está dispoñible na páxina web da Fundación Meniños: 

http://www.meninos.org/Textos/guia%20final%20espanhol.pdf

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Experiencias, Familia, Fundación, Infancia, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s