Abuso Sexual·Adolescencia·Familia·Infancia·Meniños

A atención a Vítimas de Abuso Sexual

Ilustración de Jane Massey:
https://www.janemassey.co.uk

O abuso sexual é un monstro invisible co que convivimos como sociedade e que mantén cada día baixo as súas fauces a centos de nenas, nenos, mulleres e homes, que sofren, a miúdo dentro da súa propia familia ou seres próximos, as consecuencias devastadoras da súa chegada. O monstro do abuso sexual non se limita a causar feridas físicas nas súas vítimas, senón que chega para quedarse e instalarse nas súas vidas, é coñecedor de que para as súas vítimas xa nada volverá a ser o mesmo e precisamente aí reside gran parte do seu poder, causando unha ferida aberta que afecta a todos os eidos, e que é a miúdo obviada pola propia familia ou reforzada polo tabú e a culpa, unha ferida que se infecta unha e outra vez durante os procedementos xudiciais, demasiadas veces fríos e pouco empáticos, unha ferida enquistada que as institucións e a sociedade descoñecen ou que a miúdo simplemente non queren, confunden ou non saben ver e o que é peor, carecen de ferramentas para curala.  

Como si de un mecanismo perverso se tratase, a ausencia de protocolos e recursos para facerlle fronte alimenta ao monstro do abuso sexual e reforza a súa instalación na sociedade, pois promove o silencio das vítimas, das familias e das institucións, dándolle sensación de liberdade e impunidade. Deste xeito, as vítimas e as familias a miúdo calan posto que non saben a quen pedir axuda, as escolas carecen de medios e coñecementos para detectalo, as unidades médicas non son quen de facerlle fronte, e os procedementos xudiciais a miúdo rematan en xuízos falidos por falta de probas que confirmen o abuso e a violencia sexual, ou rematan con persoas que a pesar de ser recoñecidas como vítimas, regresan ás súas casas inmersas nun auténtico inferno emocional sen ninguén que as axude. 

Conscientes do feito de carecer de armas que nos permitan loitar contra esta terrible e complexa realidade, que afecta a tantas persoas, pequenas e maiores, e en definitiva a todos como sociedade, a Fundación Meniños decidiu unir os seus esforzos e deseñar un programa de intervención para persoas vítimas de abuso e violencia sexual especializado e baseado na evidencia científica, para o que formou a un equipo de psicólogas e psicólogos experimentados das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. A formación foi capitaneada polo recoñecido experto en abuso sexual do panorama nacional, F. Javier Aznar quen se encarga á súa vez de continuar supervisando o programa , xunto á Dirección Técnica da Fundación. Este programa foi  presentado á Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Igualdade e Consellería de Familia,  que promoveu a súa implantación do programa en toda a Comunidade Galega,  establecéndose as sedes de terapia nas cidades de A Coruña, Ourense, Vigo e Lugo, prestando axudas económicas para os desprazamentos para todas aquelas persoas que vivan fóra destas cidades e así o precisen. 

Ilustración de Jane Massey:
https://www.janemassey.co.uk

O programa de intervención en abuso sexual vai dirixido a todas as persoas vítimas de abuso sexual que amosen un desaxuste emocional e/ou de conduta como consecuencia do abuso. Asemade, o programa ten como destinatarios tamén aos familiares non agresores e ás principais persoas responsables do coidado dos nenos e das nenas, xa que cumpren un papel fundamental na súa recuperación; e a todos aqueles equipos profesionais da rede que traballan na contorna das nenas, nenos, adolescentes e mulleres abusadas.

O procedemento de intervención consiste na axuda psicolóxica brindada no contexto dunha relación segura e voluntaria, e as intervencións están fundamentadas seguindo a evidencia científica dentro do campo da psicoloxía e a atención socio-sanitaria. Os obxectivos principais radican no desenvolvemento dun contexto de seguridade e de prevención de novas situacións de traumatización, acompañamento do nena e da nena e das persoas adultas coidadoras na adquisición de información e habilidades para afrontar as consecuencias do abuso, a elaboración dunha narrativa adecuada do trauma e a promoción da integridade da identidade e benestar bio-psico-social da nena, neno, adolescente ou persoa adulta. O desenvolvemento do tratamento baséase na estrutura do modelo cognitivo-de conduta focalizado no trauma, pero integrado dentro dunha aproximación dialóxica e recursiva, centrada no ritmo e necesidades da persoa abusada e no establecemento dunha relación terapéutica segura e próxima, recorrendo a técnicas derivadas da terapia narrativa e da terapia familiar baseada no apego.

En canto á duración do programa, desenvólvese nun rango de entre 10 e 25 sesións -dependendo das necesidades da persoa usuaria-, durante o cal é básico acceder á representación que as vítimas e a súa contorna fixeron do que ocorreu, desculpabilizalos, e limitar o impacto das distorsións cognitivas e mecanismos de defensa que afectan a unha boa evolución. Dentro deste marco, a intervención implica os seguintes pasos:

-Proceso de avaliación das necesidades e situación da persoa afectada, xerando un clima de sostén, conexión emocional e seguridade.

-Traballo psicoeducativo brindando información sobre o trauma e expectativas do tratamento.

-Traballo centrado en técnicas para o manexo do estrés.

-Traballo centrado na expresión e modulación dos afectos. 

-Traballo centrado no manexo de crenzas e pensamentos desadaptativos con respecto ao abuso. 

-Reconstrución de experiencias de apego anteriores ao abuso. Procura de indicadores de vulnerabilidade e de habilidades e competencias por parte da persoa abusada e da familia. 

-Reconstrución da narrativa do trauma. Divídese á súa vez en tres fases, nas que a narrativa é primeiro elaborada co terapeuta por parte da vítima de abuso, para pasar a selo en segundo lugar polas principais persoas responsables do seu coidado no caso das nenas e nenos, e por último unha derradeira fase na que se comparte e se discute a nova narrativa xerada, revisando a capacidade de procesamento cognitivo e anticipación de eventualidades fóra do espazo terapéutico. 

-O último paso, que é á súa vez transversal ao longo da intervención, céntrase no traballo coa familia de compartir a narrativa do trauma, valorar os avances conseguidos e a proxección destes no futuro.

Ilustración de Jane Massey:
https://www.janemassey.co.uk

O programa de intervención en abuso sexual é totalmente gratuíto, e as derivacións ao mesmo realízanse desde o Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social,  ou desde recursos oficiais como os Centros de Información á Muller (CIM), Servizos Sociais, Policía, Xulgados, etc., mediante unha folla de derivación que recollerá a información imprescindible do caso.  

Desde a Fundación Meniños queremos transmitir a mensaxe ás nenas, nenos, adolescentes e  mulleres vítimas de abuso sexual que viven na Comunidade Autónoma Galega de que non están soas, así como ás familias e a todos os recursos e entidades que cada día son testemuñas deste monstro que impacta profundamente e menoscaba o benestar dunha sociedade que se supón avanzada, que se animen a denunciar cada sospeita da súa existencia, e que sexan coñecedores de que as súas feridas se poden curar a través do traballo terapéutico especializado.

Zaida Robles Pacho
Psicóloga

Actualidad·Adolescencia·Derechos Infancia·Meniños

La vulnerabilidad de la infancia ante el abuso sexual

Con objeto de introducir un tema tan delicado como el abuso sexual infantil me gustaría partir de una estadística. 

Los distintos estudios llevados a cabo sobre esta materia arrojan datos similares: 

  • Entre un 10 y un 20% de la población en España ha sufrido algún tipo de abuso sexual durante su infancia.
  • Se estima que 1 de cada 5 niños en Europa es víctima de alguna forma de violencia sexual.
  • Entre el 70% y el 85% de los casos, la víctima conoce al agresor o a la agresora.

Partiendo de estas demoledoras estadísticas, como terapeuta y persona integrante de esta sociedad, me pregunto ¿cómo es posible? 

Para contextualizar y conocer de lo que estamos hablando, vamos a iniciar partiendo de lo que entendemos por abuso sexual infantil.

El abuso sexual es una manipulación de niños, niñas y adolescentes, sus sentimientos, debilidades o necesidades, basada en una desigualdad de poder. Tiene como objeto una parte íntima y altamente sensible de las personas, su sexualidad, en un momento en el que está en desarrollo y en el que aún no se tienen las capacidades necesarias para entender las implicaciones de lo que está pasando.

Desgranando esta definición podemos ver algunas de las claves en las que las personas que perpetran el abuso se sustentan para lograr mantener esta situación.

La vulnerabilidad de la infancia, es un elemento clave. A nivel evolutivo estos niños y niñas se ven envueltos en situaciones o actividades sexuales que no están en condiciones de comprender, ya que son impropias para su edad y su desarrollo psicosexual. Además, en los primeros años de vida es cuando los individuos comenzamos a formar la creencia de un mundo con sentido en relación a los otros, la confianza básica se forma en relación a una buena vinculación, generando un apego seguro. De ahí la vulnerabilidad de esta etapa infantil, ya que el daño acompañará a esta persona en sus futuras relaciones y en su forma de estar en el mundo.

Por otro lado, atendiendo a la definición, lo que hace que un niño o una niña no se resista o no grite, o que incluso colabore, es la desigualdad de poder existente entre ese niño o esa niña y la persona perpetradora. A veces se añade el agravante de que puede ser una persona de la que el niño depende, ya sea emocionalmente (por ejemplo un familiar), o para lograr algo que necesita o quiere (atención, aprobación…).

La sorpresa, el engaño, el abuso de confianza, el chantaje o la amenaza, suelen ser estrategias para que el niño o niña no pueda controlar esa situación y en toda esa relación se imponga el silencio.

Este silencio, que certifica el abuso de poder que mencionábamos anteriormente puede darse de formas muy distintas.

La persona que abusa construye la ilusión de que lo que está pasando es algo especial, un juego secreto. Suele ir poco a poco, y esta progresión incapacita al niño o niña que no pudo hablar en un primer momento, al no saber reconocer lo que estaba pasando. Y se calla más tarde por la culpa (entendida como un intento de extraer una lección útil del desastre y recuperar cierto sentido de poder y de control, pues imaginar que uno podría haberlo hecho mejor puede ser más tolerable que enfrentarse a la realidad de estar absolutamente indefenso), y la vergüenza (respuesta a la indefensión, a la violación de la integridad física e indignidad sufrida a ojos de otra persona) de no haber sabido reaccionar. El miedo a lo que pueda pasar si lo cuentan, es algo que les incapacita para hablar.

Me gustaría terminar con una reflexión de Judith Herman, en su libro Trauma y recuperación:

“Los acontecimientos traumáticos ponen en duda las relaciones humanas básicas. Rompen los vínculos de familia, amistad, amor y comunidad, destrozan la construcción del ser que se forma y apoya en la relación con los demás, debilitan los sistemas de creencias que dan significado a la experiencia humana, condenando al individuo a un estado de crisis existencial.

Por tanto los acontecimientos traumáticos tienen efectos, no solo sobre las estructuras psicológicas del yo, sino también sobre los sistemas de vinculación y significado que unen al individuo con la comunidad”.

De ahí la importancia visibilizar, prevenir, educar… con un objetivo final, acabar con esta lacra, y ofrecer a los niños y niñas la vida que se merecen, en un marco de seguridad, afecto y protección.

Ángel Cañizares, Psicólogo

Programa de atención a niños y niñas
y adolescentes víctimas de abuso sexual
de Fundación Meniños

Adolescencia·Experiencias·Familia·Infancia·Meniños

El sonido del silencio. La experiencia de Laura.

Imagen: Unsplash

Cuando conocimos a Laura, su silencio ocupaba toda la habitación. Cuando ella estaba presente, daba igual las personas que estuviesen hablando, o lo alto que gritasen, su silencio lo invadía todo, pero al igual que en la canción de Simon and Garfunkel, en su silencio pasaban cosas y solo había que aprender (y querer) escucharlas.

Cuando trabajas en la intervención social, las palabras son las principales herramientas de trabajo. Nos acostumbramos a escuchar lo que las personas nos cuentan, a darle un sentido, a devolverlo en forma de preguntas, de redefiniciones… Pero, ¿qué pasa cuando no hay palabras?. La ausencia de palabras nos pone en jaque, nos cuestiona y rápidamente pone en funcionamiento un listado de atribuciones, que según nuestra experiencia y nuestro grado de benevolencia y conocimiento, pueden limitarnos o ayudarnos a afrontar una situación, “lo que quiere esta niña es llamar la atención”, parece que a veces, cuando repetimos muchas veces algunas expresiones,  éstas pierden su significado. ¿Cuántas veces habremos escuchado esta frase como forma de quitarle importancia a un comportamiento de uno niño o niña cuando no se ajusta a nuestra idea de normalidad? ¿Cuántas veces nos hemos planteado cuales son las “buenas razones” de esa llamada y le hemos dado espacio a aquello sobre lo que quiere que pongamos atención?

Laura no siempre se había comunicado a través del silencio, hubo un tiempo en que lo hacía con palabras, palabras que en algún momento también perdieron su significado para convertirse en la confirmación de su inseguridad y desprotección, en ese momento y sin una voluntad consciente de hacerlo, dejó de pronunciarlas y el sonido del silencio ocupó su lugar.

Nuestra labor como profesionales consiste en prestar atención a las “llamadas” ayudando a restaurar la seguridad perdida, para que las palabras vuelvan a fluir recuperando su significado.

“El niño busca su voz.

(La tenía el rey de los grillos.)

En una gota de agua

buscaba su voz el niño.

No la quiero para hablar;

que llevará mi silencio

me haré con ella un anillo

en su dedo pequeñito…”

Federico García Lorca (El niño mudo).

La experiencia de Laura

Carta original de Laura p.1
Carta original de Laura p.2