Actualidad·Familia·Infancia·Meniños

15 de maio, Día Internacional das Familias

Imaxe: Freepik

Hoxe celébrase o Día das Familias. Non sei se estamos para celebracións, pero de seguro sí que debemos estar para reflexións, porque a familia é un piar básico da nosa sociedade e é evidente que nesta etapa inesperada, incerta e confusa a “familia” foi e segue a ser invocada multitude de veces en innumerables contextos, como o escenario fundamental das nosas vidas. De feito, ata momento, a nosa principal ferramenta para loitar contra a pandemia é o confinamento familiar.

Fomos chamados a illarnos dentro dos nosos fogares, destacando o protagonismo da familia, recoñecendo e incluso redoblando a súa función protectora, sustentadora, e diría máis, a familia fornecedora de soños, lugar de consolo, espacio de encontro, convertida en colexio, en ximnasio, en parque, en cine, en oficina, en obradoiro, en consulta, en despacho… A familia recuperando a súa esencia de lugar de convivencia e vinculación.

Estes dous últimos meses a familia ten sido a nosa base de seguridade, o noso refuxio. Merece pois se cabe, mais que nunca, o recoñecemento e a celebración do seu valor indiscutible.

Superaremos esta pandemia, pero sería imperdonable que esquecésemos o papel crucial que xogaron as familias nesta superación e que non tomáramos medidas para apoiar e promocionar as familias na nova reorganización social que deberemos facer.

Feliz día da familia, das familias!

Mónica Permuy
Directora Xeral
Fundación Meniños

15 de mayo. Día Internacional de las Familias

Imagen: Freepik

Hoy se celebra el Día de las Familias. No sé si estamos para celebraciones, pero de seguro sí que debemos estar para reflexiones, porque la familia es un pilar básico de nuestra sociedad y es evidente que en esta etapa inesperada, incierta y confusa la “familia” ha sido y sigue siendo invocada multitud de veces en innumerables contextos, como el escenario fundamental de nuestras vidas. De hecho, hasta el momento, nuestra principal herramienta para luchar contra la pandemia es el confinamiento familiar.

Hemos sido llamados a aislarnos dentro de nuestros hogares, destacando el protagonismo de la familia, reconociendo e incluso redoblando su función protectora, sustentadora, y diría más, la familia proveedora de sueños, lugar de consuelo, espacio de encuentro, convertida en colegio, en gimnasio, en parque, en cine, en oficina, en taller, en consulta, en despacho… La familia recuperando su esencia de lugar de convivencia y vinculación.

Estos dos últimos meses la familia ha sido a nuestra base de seguridad, nuestro refugio. Merece pues si cabe, más que nunca, el reconocimiento y la celebración de su valor indiscutible.

Superaremos esta pandemia, pero sería imperdonable que olvidásemos el papel crucial que han jugado las familias en esta superación y que no tomásemos medidas para apoyar y promocionar a las familias en la nueva reorganización social que deberemos hacer.

¡Feliz día de la familia, de las familias!

Mónica Permuy
Directora General
Fundación Meniños

empleo·Meniños

Buscamos persoal técnico de intervención sociolaboral. Únete ao equipo de Meniños!

Titulación requirida: Grao ou Diplomatura en Educación Social ou Traballo Social.

Tipo de contrato: Contrato de interinidade a xornada completa. 

Requerimentos específicos:

  • Formación en orientación e inserción laboral
  • 2 anos de experiencia na inclusión socio-laboral de persoas en risco de exclusión social.
  • Experiencia en docencia e/ou dinamización de grupos

Data de inicio prevista para a incorporación: Inmediata

Centro de traballo: A Coruña ou Vigo

Outros Requerimentos:

Identificación coa visión, a misión e os valores da organización.

Iniciativa, adaptación ao cambio, orientación a resultados, traballo en equipo.

Imprescindible dispoñer de carnet de conducir e vehículo propio.

DATOS PARA ENVÍO DE CURRICULUM

Último día de recepción de curricula: 20/05/2020

Envío de curricula: direccion.tecnica@meninos.org

Actualidad·Caixa Proinfancia·Familia·Meniños

Prezadas familias, estádelo facendo ben.

Aurora Coego. Coordinadora do Programa CaixaProinfancia en Pontevedra

Queremos enviarvos unha breve mensaxe, en certo modo para que saibades que seguimos aquí, traballando, aínda que sexa desde as nosas casas, para poder acompañarvos. Falei con case todas vós e xa sabedes que tedes o teléfono dispoñible para chamarnos ou enviarnos mensaxes de Whastapp. Tamén eu vos chamo ou envio mensaxes para saber como estades e falar un ratiño. 

Pero coido que o máis importante que teño que dicirvos é que isto nos pillou a todos e todas por sorpresa.  Penso que nunca nos atopamos nunha situación parecida, que é normal ter medo, estar asustados e nerviosos PERO también que é momento de coidarnos principalmente a cada un de nós, ser responsables no noso autocuidado para poder coidar aos demais. 

É importante que quedemos na casa, pero tamén manter as nosas rutinas, facer un pouco de exercicio, abrazarnos moito, ter paciencia e non esixirnos máis do que podemos dar.

Estádelo facendo ben, estámolo facendo ben. Eu, pola miña banda, quero agradecervos o contacto pero tamén a capacidade de sobrepoñernos ao malo, ser fortes e loitar.  Isto é o que teño aprendido de vós e quero devolvervos esta reflexión para que non a esquezades. 

Ánimo e “pa´lante” que diso sabedes moito. De non renderse nunca e de mirar sempre cara adiante.