Uncategorized

Buscamos persoas voluntarias na Coruña con motivo do Evento Solidario Marineda Fest

Precisamos persoas para colaborar nun stand informativo co que contará Meniños no Centro Comercial Marineda City da Coruña entre os días 5 e 13 de xullo, e durante o Marineda Fest o 11 de xullo.

Co gallo do concerto solidario Marineda Fest, que se celebrará o próximo 11 de xullo no Centro Comercial Marineda City da Coruña, Meniños contará cun stand informativo no que se dará a coñecer o labor da entidade e se distribuirá merchandising do Festival. 

Precisamos contar con persoas que estean ofrecendo información e vendendo as camisetas oficiais do evento, en horario flexible (segundo a dispoñibilidade da persoa) de mañá e/ou tarde entre os días 5 e 13 de xullo.

Requerimentos: 

  • Boas habilidades comunicativas.
  • Sensibilidade cara os dereitos da infancia.
  • Non se require formación específica.

Se che interesa colaborar nesta actividade contacta con nós:

– Máis información sobre Meniños:

 www.meninos.org

– Máis información sobre o festival Marineda Fest: 

https://marinedacity.com/evento/marineda-fest/eventos