Actualidad·Infancia·Meniños·Recursos educativos

Benvidos e benvidas a este novo curso escolar!

Mochilas listas, libros forrados e material preparado… programacións e actividades a punto.. e 3, 2, 1… despega un novo curso escolar! Queremos darvos unha agarimosa benvida a familias, profes e alumnado a este curso 19/ 20, e desexar que neste día de comezo aos nervios propios do inicio se sume a ledicia dos reencontros, a curiosidade dos cambios por chegar e o entusiasmo polos novos proxectos.

Un ano máis invitamos aos colexios galegos a participar na “Viaxe ao reino das emocións”, que pouco a pouco vai crecendo en profundidade para ser un percorrido completo por este mundo das emocións. Así, se o ano pasado propoñíamos unha filmografía, máis actividades e personaxes do conto, este ano imos presentar novos proxectos que amplían o mundo de Draco e as posibilidades de traballar a proposta. Ao longo do primeiro trimestre iremos informando destas novas, a primeira das cales adiantamos hoxe: este ano estreamos unha nova ferramenta que permitirá ao profesorado que participa no proxecto compartir o traballo que realizan relacionado co mesmo, así como ver o que se traballa noutros centros. Esta aplicación, que estará dispoñible a finais do mes de setembro será unha rede social colaborativana que os diferentes colexios poderán amosar, ver e destacar positivamente aquelas actividades que máis lle gusten. Ademais, á mesma sumaremos material de traballo que complementa as actividades que xa están dispoñibles. Lanzamos esta ferramenta coa seguridade de que vos será útil e que vos dará moitas ideas para desenvolver nas vosas aulas.

Se aínda non formades parte desta viaxe, invitámosvos a unirvos dirixíndoos ao noso email proxectos.educativos@meninos.org

Bo inicio de curso!