Actualidad·Caixa Proinfancia·Familia·Meniños

Prezadas familias, estádelo facendo ben.

Aurora Coego. Coordinadora do Programa CaixaProinfancia en Pontevedra

Queremos enviarvos unha breve mensaxe, en certo modo para que saibades que seguimos aquí, traballando, aínda que sexa desde as nosas casas, para poder acompañarvos. Falei con case todas vós e xa sabedes que tedes o teléfono dispoñible para chamarnos ou enviarnos mensaxes de Whastapp. Tamén eu vos chamo ou envio mensaxes para saber como estades e falar un ratiño. 

Pero coido que o máis importante que teño que dicirvos é que isto nos pillou a todos e todas por sorpresa.  Penso que nunca nos atopamos nunha situación parecida, que é normal ter medo, estar asustados e nerviosos PERO también que é momento de coidarnos principalmente a cada un de nós, ser responsables no noso autocuidado para poder coidar aos demais. 

É importante que quedemos na casa, pero tamén manter as nosas rutinas, facer un pouco de exercicio, abrazarnos moito, ter paciencia e non esixirnos máis do que podemos dar.

Estádelo facendo ben, estámolo facendo ben. Eu, pola miña banda, quero agradecervos o contacto pero tamén a capacidade de sobrepoñernos ao malo, ser fortes e loitar.  Isto é o que teño aprendido de vós e quero devolvervos esta reflexión para que non a esquezades. 

Ánimo e “pa´lante” que diso sabedes moito. De non renderse nunca e de mirar sempre cara adiante.

Experiencias·Familia·Meniños

Experiencia dos Obradoiros de Atención Integral a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, que seguen en marcha durante a corentena.

Imaxe cedida por unha das nais participantes no programa

No mes de febreiro na Rede do Programa CaixaProinfancia en Pontevedra comezamos a realización dos Obradoiros de Atención Integral a mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas (polas súas siglas PAI) dentro do marco do Programa promovido pola Fundació Bancaria “la Caixa”.
Para a implementación deste programa recibimos unha formación intensiva nos mes de maio do ano 2019. Este obradoiro de carácter socioeducativo ten unha dobre vertente de intervención ao traballaren tanto coas nais coma cos nenos e nenas.
O principal obxectivo é promover a resiliencia e crear oportunidades reparadoras do dano tanto nas nais coma nos fillos e fillas.

As sesións de carácter grupal permiten xerar un compromiso amplo para a participación pero tamén unha potente ferramenta xeradora do cambio e reforzadora dos logros acadados por cada persoa participante así coma unha oportunidade de crear unha rede de apoio informal que pode extenderse máis aló das propias sesión e agardamos perdure no tempo unha vez rematadas todas as sesións.

Imaxe dunha das actividades dos Obradoiros de Atención Integral a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero e os Seus Fillos e Fillas

Como técnica deste programa gustaríame compartir unha experiencia recente que se ten producido nestes días de estado de alarma e que consideramos coma unha mostra de resiliencia e apoio mutuo, unha situación positiva que nestes días é máis necesaria que nunca.

No grupo de nais do Programa de Atención Integral de mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas en Pontevedra pasou algo curioso con isto do confinamento. Como técnicos creamos un grupo de  Whatsapp con elas tras a segunda sesión, (fixemos 3 sesións pero 2 mamás non puideron incorporarse, o luns da semana anterior ao estado de alarma incluíronse no grupo de wasap para que fosen tendo contacto coas outras mamás de xeito que a súa incorporación ao grupo fose o máis natural posible). 

A cuestión é que a semana pasada, de maneira espontánea atopeime que estaban a darse apoio mutuo e que dúas delas contaban que escriben reflexións, experiencias, relatos… unha delas ata ten dous libros escritos pero sen publicar.

Con certo medo una delas compartiu no grupo o último que escribiu, todas o recibiron moi ben e ela sentiuse animada e motivada así que lles propuxemos facer un blogue. De seguido se puxeron en marcha e creárono. 

Deste blogue queremos compartir algunhas palabras dunha das participantes, supervivinte dunha dura situación de violencia de xénero. Agardamos que esta narración da súa experiencia poida ser de axuda para outras mulleres que estean a pasar por unha situación de violencia ou xa no proceso de recuperación.

Auroa Coego
Coordinadora do Programa CaixaProinfancia en Pontevedra

Imaxe: istockphoto.com

Quiérete … y entiéndete, yo también te entiendo

Primero quiérete, de todas las formas posibles,
para que nada de lo que hagan o digan,
te afecte.
Porque ellos juzgarán sin conocerte,
quiérete para que alguien te quiera de
la misma manera y no te acostumbres
a quererte como él te quiere.
Porque tal vez, solo tal vez
encuentres a la persona equivocada, a esa
que piensas que con un bofetón, un puñetazo,
escupitajos, empujones e insultos, quieras
creer que te quiere.
Primero quiérete y no tengas miedo,
porque cuando encuentres las personas
adecuadas te querrán y querrán que tú seas …
FELIZ

Fonte: Blogue do grupo de nais participantes no obradoiro.

https://quieretesol.blogspot.com/2020/03/quierete-y-entiendete-yo-tambien-te.html?m=0