Voluntariado

Buscamos persoas voluntarias para realizar apoio escolar en Ourense. Únete ao equipo de Meniños!

Imaxe: Freepik

Buscamos persoas dispostas a ofrecer apoio escolar a nenos e nenas da provincia de Ourense. Non é preciso contar con ningunha titulación especifica. Se che interesa colaborar, contacta co noso equipo: delegacion.ourense@meninos.org // 988 234 074

As necesidades actuais son:

  • Apoio escolar para unha nena de 14 años, estudia 1º de ESO. Precisa apoio para todas as materias, especificamente matemáticas. Reside en Ourense cidade. Implicaría unha dedicación de 4 horas semanais como máximo.
  • Apoio escolar para un neno de 12 años, estudia 6º de Educación Primaria. Especificamente necesita apoio para as materias de lengua inglesa, lingua galega e lingua española. Imprescindible contar con vehículo para desprazarse ao domicilio familiar, no concello de Coles, a 15 quilómetros do centro de Ourense. Implicaría unha dedicación de 4 horas semanais como máximo.