20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas

Celébrase ese día por coincidir coa aprobación da Convención dos Dereitos dos nenos e das nenas, o 20 de novembro de 1989, na Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Para celebrar ese día, Fundación Meniños traballou da man coa Asociación Arela, a Fundación Juan Soñador e a Xunta de Galicia, organizando un evento no CEIP O Pombal (Vigo) o 20 de novembro ás 12 horas. O lema das actividades que se levarán a cabo é: Imaxinas tódolos dereitos cumpridos? Durante o evento, reproducirase un vídeo con imaxes dos diferentes dereitos, co que se pretende que os nenos e nenas participen interactivamente. Levaranse a cabo moitas outras actividades, repartidas por grupos de idades, como recortar e decorar unha careta, da que farán uso durante os actos ou escribir unha carta ós Reis Magos na que expoñan que dereito lles gustaría que se cumprise. A idea é visualizar entre os 400 nenos e nenas participantes como sería a realidade da infancia se todos os seus dereitos se visen cumpridos, e tamén facer chegar esta realidade á sociedade a través da difusión nos diferentes medios e redes sociais. O acto oficial organizouse coa benvida por parte da Directora do CEIP O Pombal, manifestación polo patio do colexio con tódolos alumnos e alumnas, mestres e profesionais, lectura do manifesto “Imaxinas tódolos dereitos cumpridos?” e acto final con foto dos nenos e nenas con caretas e lanzando cañóns de confeti.

Anuncios
Publicado en Actualidad, Derechos Infancia, Fundación, Infancia, Meniños, ONG | Deja un comentario

O Equipo de Integración Familiar de Meniños, 25 anos traballando en favor da Infancia

O Programa de Integración Familiar naceu en Galicia no ano 1992, cun carácter piloto, como un programa pioneiro, promovido pola Xunta de Galicia coa colaboración do Ministerio de Asuntos Sociais, coa finalidade de ofrecer una axeitada protección á infancia dentro da súa propia familia, evitando a institucionalización dos nenos e nenas e os graves problemas vencellados a esta (desarraigo, trastornos emocionais e condutuais, exclusión social, etc.).

Este programa estrenouse no ano 1992 en Vigo e no ano 1994, en vista dos bos resultados, estendeuse ás catro provincias galegas.

5046606777_8c02eda971_b

O Programa de Integración familiar é un programa integral de atención psicosocioeducativa no propio domicilio para lograr que ás familias conserven ou recuperen as súas condicións protectoras, a súa funcionalidade para criar aos seus fillos e fillas, evitando a decisión inmediata de separar ao neno ou nena da súa familia cando hai una situación de risco ou desprotección, e o costo persoal e social que iso supón, e posibilitando que os nenos e nenas que viven en centros de protección poidan volver aos seus fogares. Cada ano traballamos aproximadamente con 200 familias e conseguimos este obxectivo con perto de 90 nenos e nenas.

Galicia e este programa foron pioneiros dentro do territorio español, revelando a súa eficacia, e transferindo esta forma de intervir a outras comunidades. Fíxose un esforzo importante en adquirir novos coñecementos, en aplicalos de forma distinta, en reorganizar os recursos para ir máis alá do fácil e do obvio (tratar de ver o invisible e facer o imposible).

Protexer non significa automaticamente apartar, senón, entender, coidar, ofrecer oportunidades para que as necesidades dos nenos e nenas en risco poidan ser satisfeitas e poidan desenvolverse coas mesmas garantías que as do resto de nenos e nenas. E unha das súas necesidades fundamentais é que axudemos ás súas familias, e que estes nenos e nenas poidan medrar nos seus fogares, na súa comunidade

Na actualidade seguimos medrando e incorporando melloras, abrindo novas oportunidades para que as familias, as persoas , poidan transformar positivamente as súas vidas.

Dende o noso comezo temos atendido a 2.547 nenos e nenas, e seguimos adiante con ilusión para poder axudar a moitos máis.

Nesta efeméride queremos amosar a nosa noraboa e recoñecemento a todas as persoas que fan posible este programa: os nosos equipos técnicos, os equipos de protección de menores, os equipos dos centros de protección e toda a rede de profesionais dos sistemas de servizos sociais, saúde e educativos cos que traballamos e por suposto o noso maior agradecemento a todas esas persoas coas que traballamos, familias e nenos e nenas, que nos amosan cada día que o cambio non so e posible, senón que é imparable!.

GRAZAS

Publicado en Familia, Fundación, Infancia, Meniños, Uncategorized | Deja un comentario

Buscamos personal técnico diplomado en trabajo social para nuestros programas de Intervención Familiar en Asturias

PUESTO DE TRABAJO:  Técnico de Intervención Familiar

Titulación o titulaciones requeridas: Diplomatura en Trabajo Social
Jornada laboral: completa
Duración prevista para la relación laboral: Excedencia por cuidado de hijo.
Requisitos específicos debido al tipo de contrato:
– 1 año de experiencia de trabajo programas de acogimiento y adopción.
– 60 h de Formación en medidas del sistema de protección y específicamente sobre adopción sus modalidades, su desarrollo, procesos de valoración de formación e intervención.
– Certificado negativo de delitos de naturaleza sexual.
Fecha de inicio prevista para la incorporación:
Octubre –Noviembre 2017
Centro de trabajo: Oviedo
Observaciones: Se valorará experiencia de trabajo en equipo y en el conocimiento de la red de servicios sociales y sistema de Protección de Menores
Se valorará permiso de conducir y vehículo propio

DATOS PARA ENVÍO DE CURRICULUM

Último día de recepción de curricula:
23/10/2017
Lugar de recepción de curricula: delegacion.asturias@meninos.org

lofting timmy_jeffS

Publicado en Familia, Meniños | Deja un comentario