Actualidad · Adopción · Familia

Familia hai máis dunha

Imaxe: Familia do Programa de Adopcións Especiais. (AY Vídeo)

Non me gusta cando a xente ten a necesidade de poñer un adxectivo á palabra familia. Non vexo motivo para apelidar á familia con “monomarental”, “nuclear”, “adoptiva”. 

Non me gusta que se fagan diferenzas baseadas na suposta normatividade.

Familia é familia. Tan sinxelo coma iso. 

Quen é a familia de cadaquén, non debe pautalo ningunha norma. Dítao nada máis (e nada menos) que o sentir de cada persoa.

As que somos afortunadas sentimos que temos varias familias.

Porque “familia non hai más que unha» e un refrán ben arraigado na nosa terra que temos que arrincar como mala herba.

Porque a familia non ten que ser de sangue (outra expresión para desbotar). As familias non teñen porque vivir xuntas. Non teñen nin que compartir pasado, porque pode que non se coñezan de toda a vida.

Temos a familia na que aterramos, e na que permanecemos cando temos a sorte de que unha rede nos dea a benvida e nos axude a medrar.

Temos a familia de vida. Familia elixida, que lle chaman. Xeografía humana de coidados, agarimos, discusións, risas e calor. 

Calor de lar. De volver a casa. E que ese fogar sexan as persoas que viven entre esas paredes.

Familias buscadas. Porque o ser humano precisa do ser humano. Por iso procuramos vínculos, moitas veces sen reparar na propia busca.

E aínda que todas as familias son buscadas, algunhas sono máis que outras.

Tedes que permitirme chegado este punto, que faga un aparte con esas familias especialmente buscadas. Persoas adultas que nun momento das súas vidas, e tras un proceso de reflexión, deciden ofrecerse para unha das cousas máis necesarias, valentes, bonitas, duras e gratificantes que pode facer un ser humano: darlle a un neno ou a unha nena un fogar. Garantir o dereito que ten ese neno ou esa nena a ter unha familia.

Familias que agardan impacientes que chegue ese novo membro ao seu fogar.

Familias que se esforzan ata o seu máximo para entender a ese neno ou esa nena. Para comprender como a súa historia de vida poder ter secuelas. Para situarse ante os retos da integración dende a empatía e o entendemento. E a partir de aí, darlle os mellores coidados e todo o seu cariño.

Familias que pasan momentos tremendamente duros. Xa sexa polo longo proceso ou polas dificultades que teñen que afrontar.

Familias fortes, xenerosas e  tremendamente valentes.

Porque cada familia que se forma é un neno ou unha nena máis que consegue ter un fogar onde sentirse protexido, ben coidado,  querido e a salvo.

Penso que hai moi poucas cousas na vida que poida facer unha persoa, que sexa máis importante que formar unha familia a través da adopción.

Hoxe celebramos o Día Internacional das Familias.

E desde este recuncho, vaia unha felicitación especial a todas as familias na súa inmensa diversidade.

Ás familias que, polo meu traballo, teño o privilexio de acompañar dende o mesmo momento no que se coñecen.

Ás que se organizan da forma que sexa necesaria, e loitan polo mellor dos seus.

Ás que viron nacer ao seu fillo.

Ás que fixeron unha viaxe que parecía interminable para coñecer á súa filla.

Ás que se formaron de xeito espontáneo, compartindo a vida, tecendo redes de apoio mutuo.

A todas elas.

Pode que o meu concepto de familia sexa demasiado xeneroso. Acóllome a cuarta definición da Real Academia Galega, a figurada, a que describe a familia como “Grupo de persoas ou cousas que teñen características comúns”. Se unha persoa te fai sentir cómoda, querida, coidada. Se esa persoa forma parte da túa zona de confort, e sempre está aí cando nin ti mesma sabes que necesitabas que aí estivese,  esa persoa é familia.

Ninguén ten o dereito a matizar que tipo de familia e a túa ou a dicirche que a túa non é unha familia real. Non caben opinións ao respecto porque as persoas que eliximos na nosa viaxe vital, as que nos queren, nos aturan e están aí pase o que pase son a nosa familia.

Mesmo sen compartir xenes, nin historia, nin antepasados. Nin raza, nin crenzas, nin costumes. Todo iso é continxente. O amor e a permanencia son necesarios.

Hai moitos tipos de familia. E hoxe é o día de todas elas. 

Parabéns.

Olalla Castiñeiras
Coordinadora do Programa de Adopcións Especiais

Actualidad · Familia

Benvidos á miña querida familia disfuncional

O Día das Familias non pode nin debe pasar desapercibido para nós, non porque necesitemos un día para pensar nas familias, porque as familias son o noso día, cada día, pero si porque este día permítenos amosalas ao mundo, este día ofrécenos unha oportunidade para valorar o papel das familias e reflexionar sobre elas como actores sociais,  nos que se seguen a depositar multitude de responsabilidades e posiblemente pouca axuda para cumprilas.

A nosa vontade este ano difícil entre os difíciles é descargar, aliviar a carga, a lo menos a carga mental e emocional sobre as familias e avogar por visións mais interactivas e actualizadas que incorporen a responsabilidade social e os retos sociais actuais na comprensión das esixencias familiares. Por iso eliximos este provocador título e esta palabra que etiqueta  con frecuencia a moitas das familias coas que  traballamos en Meniños. Queremos darlle a volta completa ás etiquetas, desterralas  e amosar as fortalezas que esconden.

Falamos de FAMILIAS, non de familia, porque a diversidade, a heteroxeneidade son sen dúbida  características destacables e desexables nas familias. As familias reflexan a flexibilidade do sistema  e momento social no que se desenvolven,  o dinamismo e vitalidade  das sociedades cambiantes e a forza do movemento imparable dos sistemas humanos. Mudan constantemente, sofren, medran, desorganízanse e reorganízanse co ritmo constante e imparable da evolución social.

A mirada sobre as familias pode revelar as súas fraxilidades e vulnerabilidades, pero tamén as súas fortalezas e talentos. A flexibilidade e diversidade  son calidades magníficas que necesitan da nosa mirada selectiva, do  noso aprecio e coidado, porque elas serán  panca de cambio na mellora do funcionamento familiar para abordar os retos sociais que se lle presentan. 

A  palabra DISFUNCIONALIDADE, tan recorrida para pretender  describir e agrupar todo o que non funciona, necesita tamén unha revisión sosegada, para discriminar e esmiuzar todo o que se agacha nela,  para apreciar que tamén revela moitas posibilidades.  Normalmente o que catalogamos como “disfuncional” é máis ben algo “desacertado” para acadar posiblemente un fin lexítimo, para intentar cubrir unha necesidade lóxica como familia. Posiblemente o que agora vemos como “disfuncional” foi “funcional” noutros momentos e seguramente dentro desa etiqueta desafortunada agrúpanse detalles, modos, xeitos, ansias, desexos e feitos que desagregadamente son acertados, positivos e funcionais.

Non se trata de negar  e ignorar as dificultades, senón de guiar a observación e integrar a responsabilidade social  para a  ponderación equilibrada  de todos os elementos e o seu dinamismo, de cara á aportación ás familias da axuda compensadora que necesitan para medrar como familia e poder exercer a súa función social protectora e fornecedora de  coidados. Hai unha responsabilidade social compartida para axudar ás familias a cumprir as súas responsabilidades e adaptarse aos retos sociais actuais.

Todas as familias podemos recoñecernos nalgún momento, nalgunha das “disfuncionalidades”. Os “desacertos” son parte das nosas historias vitais que se escreben con éxitos e con fracasos, aprender dos segundos e sobre  todo, ter a oportunidade de ser axudadas,  é a mellor garantía para unha historia vital de crecemento e superación.

O indispensable nunha familia é a dispoñibilidade, a sensibilidade, o amor incondicional que compoñen a súa esencia  na súa función de crianza.

Quen non podería dicir benvidos á miña querida familia disfuncional!

Mónica Permuy
Directora Xeral  

Bienvenidos a mi querida familia «disfuncional»

El día de las familias no puede ni debe pasar desapercibido, no porque necesitemos un día para pensar en las familias, porque las familias nuestro día, cada día, pero sí porque este día nos permite mostrarlas al mundo, este día nos ofrece una oportunidad para valorar el papel de las familias y reflexionar sobre ellas como actores sociales, en los que siguen depositando multitud de responsabilidades y posiblemente poca ayuda para cumplirlas.

Nuestra voluntad este año difícil entre los difíciles es descargar, aliviar la carga, por lo menos la carga mental y emocional sobre las familias y abogar por visiones más interactivas y actualizadas que incorporen la responsabilidad social y los retos sociales actuales en la comprensión de las exigencias familiares. Por eso elegimos este provocador título y esta palabra que etiqueta con frecuencia a muchas de las familias con las que  trabajamos en Meniños. Queremos darle a volta completa a las etiquetas, desterrarlas y mostrar las fortalezas que esconden.

Hablamos de FAMILIAS, no de familia, porque la diversidad, la heterogeneidad son sin duda  características destacables y deseables en las familias. Las familias reflejan la flexibilidad del sistema  y momento social en el que se desarrollan,  el dinamismo y vitalidad de las sociedades cambiantes y la fuerza del movimiento imparable de los sistemas humanos. Cambian constantemente, sufren, crecen, se desorganizan y reorganizan con el ritmo constante e imparable de la evolución social.

La mirada sobre las familias puede revelar sus fragilidades y vulnerabilidades, pero también sus fortalezas y talentos. La flexibilidad y diversidad  son cualidades magníficas que necesitan de nuestra mirada selectiva, de nuestro aprecio y cuidado, porque ellas serán  palanca de cambio en la mejora del funcionamiento familiar para abordar los retos sociales que se le presentan. 

La palabra DISFUNCIONALIDAD, tan recurrida para pretender describir y agrupar todo lo que no funciona, necesita también una revisión sosegada, para discriminar e desmigar todo lo que se esconde en ella,  para apreciar que también revela muchas posibilidades.  Normalmente lo que catalogamos como “disfuncional” es más bien algo “desacertado” para alcanzar posiblemente un fin legítimo, para intentar cubrir una necesidad lógica como familia. Posiblemente lo que ahora vemos como “disfuncional” ha sido “funcional” en otros momentos y seguramente dentro de esa etiqueta desafortunada se agrupan detalles, modos, formas, ansias, deseos y hechos que desagregadamente son acertados, positivos y funcionales.

No se trata de negar e ignorar las dificultades, sino de guiar la observación e integrar la responsabilidad social para la ponderación equilibrada de todos los elementos y su dinamismo, de cara a la aportación a las familias de la ayuda compensadora que necesitan para crecer como familia y poder ejercer su función social protectora y proveedora de cuidados. Hay una responsabilidad social compartida para ayudar a las familias a cumplir as sus responsabilidades y adaptarse a los retos sociales actuales.

Todas las familias podemos reconocernos en algún momento, en alguna de las “disfuncionalidades”. Los “desaciertos” son parte de nuestras historias vitales que se escriben con éxitos y con fracasos, aprender de los segundos y, sobre  todo, tener la oportunidad de ser ayudadas, es la mejor garantía para una historia vital de crecimiento y superación.

Lo indispensable en una familia es la disponibilidad, la sensibilidad, el amor incondicional que componen a su esencia en su función de crianza.

¡Quién no podría decir “bienvenidos a mi querida familia disfuncional”!

Mónica Permuy 
Directora General 

Actualidad · Familia · Maternidade

5 de maio. Día da Saúde Mental Materna

Imaxe: freepik

No 2016 escolleuse o primeiro mércores de cada mes de maio para sensibilizar á comunidade mundial sobre a importancia da Saúde Mental Materna e os seus efectos e consecuencias sobre o benestar social futuro.

Durante o embarazo e a primeira crianza o benestar físico materno-infantil é tan importante como o coidado psicolóxico, e por tanto é prioritario destinar sempre máis recursos para a prevención, detección e tratamiento de posibles trastornos mentais perinatais, dentro do sistema de saúde pública.

Desde o Programa de Atención Perinatal a Nais en dificultade social da Fundación Meniños  sumámonos a esta celebración, moi conscientes da necesidade e do valor preventivo do apoio profesional  nesta etapa da vida da muller sempre e en especial cando as circunstancias persoais, familiares, sociais, económicas, que rodean a la diada nai – bebé engaden estrés a unha una situación xa de por si vulnerable. 

Unha pandemia mundial, como esta na que seguimos manexándonos, caracterízase por moita incertidume, medo e illamento, e polo tanto máis risco. A situación de alarma xerou protocolos preventivos de parto e de seguimento de embarazo que en ocasións non tiveron en conta coñecementos e beneficios xa asentados científicamente, como a importancia do acompañamento, as consecuencias da separación temperá nai – bebé, e os beneficios da lactancia materna.

Somos moitos os profesionais, sanitarios e non sanitarios, que atendemos ás mulleres na etapa Perinatal e só cun traballo coordinado, sensible e en Rede podemos facer prevención, dar luz ás necesidades e demandar máis recursos especializados públicos para a saúde do futuro. 

Nestas ligazóns podes atopar información e apoio:

Instituto Europeo de Salud Mental Perinatal

Asociación Española de Psicoloxía Perinatal

Sociedad Marcé Española

5 de mayo. Día de la Salud Mental Materna

Imagen: freepik

En 2016 se eligió el primer miércoles de cada mayo para sensibilizar la comunidad mundial sobre la importancia de la Salud Mental Materna y sus efectos y consecuencias sobre el bienestar social futuro.

Durante el embarazo y la primera crianza el bienestar físico materno-infantil es tan importante como el cuidado psicológico y por tanto es prioritario destinar siempre más recursos para la prevención, detección y tratamiento de posibles trastornos mentales perinatales, dentro del sistema de salud pública.

Desde el programa de Atención perinatal a madres en dificultad social de la Fundación Meniños  nos sumamos a esta celebración, muy conscientes de la necesidad y del valor preventivo del apoyo profesional en esta etapa de la vida de la mujer siempre y en especial cuando las circunstancias personales, familiares, sociales, económicas, que rodean a la diada madre – bebé añaden estrés a la una situación ya de por si vulnerable. 

Una pandemia mundial, como esta en la que seguimos manejándonos, se caracteriza por mucha incertidumbre, miedo y aislamiento y por tanto más riesgo. La situación de alarma ha generado protocolos preventivos de parto y de seguimiento de embarazo que en ocasiones no han tenido en cuenta conocimientos y beneficios ya asentados científicamente como la importancia del acompañamiento, las consecuencias de la separación temprana madre – bebé, y los beneficios de la lactancia materna.

Somos muchos los profesionales, sanitarios y no sanitarios, que atendemos a las mujeres en la etapa Perinatal y solo con un trabajo coordinado, sensible y en Red podemos hacer prevención, dar luz a las necesidades y demandar más recursos especializados públicos para la salud del futuro. 

En estos enlaces puedes encontrar información y apoyo:

Instituto Europeo de Salud Mental Perinatal

Asociación Española de Psicoloxía Perinatal

Sociedad Marcé Española