18 de novembro, Día Europeo para a Protección da Infancia fronte ao Abuso Sexual

A violencia contra as persoas conmóvenos como seres humanos sans, e como sociedade avanzada, pero cando ademais falamos de violencia e abuso sexual, a repulsa que sentimos pola transgresión brutal de límites íntimos e principios sociais fundamentais é tan impactante que bloquea moitas veces a capacidade das persoas para identificar e denunciar estas situacións e a resposta inmediata, contundente e expeditiva que estes asuntos merecen.

Os acontecementos traumáticos impactan na persoa a todos os niveis, producen unha especie de colapso no corpo, na mente e na alma, con consecuencias ao longo de todo o ciclo vital.

O que ocorreu non se pode desfacer, pero pódese continuar medrando a pesares do vivido, pódense tratar as pegadas no corpo, na mente e na alma.

Por palabras ao que sucedeu, narrar, poder falar, é o inicio do camiño da recuperación.

Neste día queremos honrar e recoñecer a todas as persoas afectadas e lembrar a toda a sociedade que a reparación é un dereito.

Somos unha especie esperanzada, vimos deseñados para vivir, non so para sobrevivir, para superar, para desfrutar, para construírnos e reconstruírnos en sociedade.

Ás nosas palabras son só o soporte para acoller e alimentar as emotivas, sentidas e esperanzadoras palabras das testemuñas da recuperación.

Mónica Permuy López. Directora Xeral de Meniños.

Un comentario

  1. Hai quen fala de até un 75% das persoas cun diagnóstico de esquizofrenia tiveron abusos sexuais e maltrato na infancia. Unha vinculación vella pero pouco coñecida na actualidade.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s