Meniños·Voluntariado

Buscamos unha persoa voluntaria que colabore na tradución e corrección de textos en galego.

chicas con ordenador_unsplash

Perfil e habilidades da persoa voluntaria:

– Coñecementos de galego de nivel alto acreditados.

– Bo manexo de ferramentas informáticas.

Tarefas a desenvolver:

–  Apoio na tradución de textos tanto de castelán a galego coma de galego a castelán conforme á normativa oficial vixente.

– Corrección de textos en galego conforme á normativa oficial vixente.

2/3 horas semanais, na sede central de Meniños na Coruña.

Se che interesa colaborar con nós podes dirixirte ao seguinte contacto:

comunicacion@meninos.org