Mónica Permuy: “Para poder coidar dun bebé, o primeiro que teñen que recuperar as nais é o autocoidado”

Clara de Saá entrevistou na Radio Galega á Directora Xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy, co gallo da posta en marcha do novo programa de coidados prenatais que promove a Consellería de Política Social, e que conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela.

O Programa de atención prenatal e Perinatal para nais en dificultade social, que deu comezo este xaneiro con carácter de proba, foi anunciado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no último Consello da Xunta celebrado o pasado xoves 12 de xaneiro. O programa piloto se porá en marcha no distrito sanitario de Santiago de Compostela, co obxectivo de atender este ano 25 mulleres embarazadas en situación de vulnerabilidade.

Segundo explica Mónica Permuy, estas situacións de vulnerabilidade son “todas aquelas condicións que fan que unha muller, cando ten que estar en plena tranquilidade física e psíquica para abordar o seu embarazo e despois a crianza do seu rapaz ou rapaza, se encontran con todo o contrario: nunha situación de estrés producida por todas estas condicións sociais que as sitúan en vulnerabilidade”.

Estas situacións van desde o embarazo na adolescencia, a falta de apoios, unha situación económica precaria, desemprego de longa duración, ata situacións de illamento social ou marxinación, experiencia de malos tratos na infancia, problemas de saúde mental ou consumo de drogas e condutas antisociais e delitivas. Segundo lembra a directora, “para poder coidar dun bebé, o primeiro que teñen que recuperar as nais é o autocoidado”.

O obxectivo deste programa, do que xa existen precedentes noutros países europeos, é “axudar a esas nais e á súa contorna para que poidan ter unha situación psicolóxica e social que lles permita asumir eses coidados sintónicos do seu fillo ou filla”. A psicóloga encargada do programa, especialista en vencellamento e apego, tratará de “promover a resiliencia marental e o bo trato desde estes primeiros momentos en que se enxendra unha persoa”. Isto, segundo salienta Permuy, é “fundamental para evitar que eses nenos e nenas que nacen nestas situacións de extrema vulnerabilidade da nai entren despois no Sistema de Protección”.

“É totalmente coñecido que cando non se establece unha relación de coidado satisfactoria entre a nai e seu propio proceso de embarazo, e os primeiros meses de vida do seu bebé, estes nenos e nenas poden ver alterado o seu desenvolvemento, e teñen un risco moi alto de non recibir un coidado axeitado, e polo tanto terminen entrando no Sistema de Protección”.

A directora de Meniños fai fincapé na dimensión psicosocial do programa, porque a intención é “facer un cambio profundo nas persoas”. O factor psicolóxico é moi importante porque “se non estamos no territorio do cognitivo, das emocións, da reflexión e do pensamento, non estamos en ningunha parte, só estamos cambiando cousiñas pequenas. Soamente os procesos de toma de conciencia e reflexión nas persoas son os que levan a facer cambios na súa vida”.

O programa atenderá 25 casos, de xeito que as nais poidan recibir unha atención moi completa desde o embarazo e ata, cando menos, os 6 primeiros meses logo do nacemento, un período de tempo moi importante para garantir o afianzamento dese vencello entre a nai e o bebé.

A intención da Fundación Meniños é integrar o programa na axenda de prioridades do goberno, e dese xeito estendelo a outras localidades, aumentando recursos, e alcanzar moitos máis casos.

Un programa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia desenvolvido pola Fundación Meniños en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o SERGAS.

Escoita aquí a entrevista en Radio Galega “Convivir en igualdade” desde o minuto 41:55

Always on yourcall. Anytime.

Cartafol informativo para nais. Ilustración de Leandro Lamas.

 

 

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s