“Viaxe ao Reino das Emocións” Proposta para a educación emocional infantil

carpeta-recortadaDende a Fundación Meniños presentamos un novo proxecto educativo. Este curso escolar propoñemos aos centros educativos de Galicia participar nun proxecto que introducirá aos nenos e nenas da etapa de Infantil nunha aprendizaxe fundamental para o seu desenvolvemento: a educación emocional.

A importancia da educación emocional. A integración desta formación na actividade habitual da aula supón múltiples beneficios no desenvolvemento dos nenos e nenas, aportando unha mellor autoestima, relacións sociais positivas e unha boa adaptación escolar, social e familiar. Actúa, así mesmo, como factor protector ante o desenvolvemento de condutas violentas tales como o bullying ou a violencia de xénero. A aparición deste tipo de condutas está directamente relacionada con aspectos básicos da intelixencia emocional como o manexo das emocións e o desenvolvemento da empatía, polo que para a súa prevención é indispensable aprender dende a infancia a entender que son as emocións e a identificar como facer unha xestión positiva das mesmas.

A etapa de segundo ciclo de educación infantil é un momento idóneo para iniciar esta aprendizaxe, no que se debe profundar en complexidade e segundo as necesidades persoais durante toda a vida.

A nosa proposta: Viaxe ao Reino das emocións. A proposta que presentamos pretende achegar aos nenos e nenas ao mundo das emocións, e para lograr este obxectivo propoñemos unha viaxe na que poderán descubrir as principais competencias emocionais da man dos personaxes dun conto. Este relato serve para introducir temas como a conciencia emocional, a regulación emocional, a autoestima, a empatía ou a resolución de conflitos de xeito sinxelo e ameno para o alumnado. Así mesmo, da paso a actividades nas que se introducen xogos de cartas, vídeos, cancións, baile e actividades manuais, e nas que se lle da participación ás familias do alumnado.

Contido da proposta. Con este obxectivo ofrecemos un material que facilita ao profesorado as ferramentas necesarias para facer unha abordaxe completa e estruturada das principais competencias emocionais, e que consta dunha guía educativa, fichas de actividades, material complementario e marionetas de papel dos personaxes principais. Así mesmo, compleméntase con material dispoñible no noso blog, web e redes sociais. Invitamos aos centros educativos a sumarse a este proxecto, solicitando máis información no correo electrónico proxectos.educativos@meninos.org.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s