Este curso: “Convivimos… e algo máis”

A cuarta edición do Proxecto educativo Convivimos recolle as ideas e boas prácticas en Educación en Valores levadas a cabo polo profesorado e o alumnado en Galicia durante o pasado curso. Desde Meniños queremos visibilizar este esforzo e convidar a todos os centros educativos a que se sumen a Convivimos… e algo +

Postal dunha actividade do CEIP de Fontes-Baíña (Baiona). Curso 2014-2015Contactamos

Na Era da comunicación dixital que estamos a vivir, quen podería imaxinarse que as alumnas e os alumnos ían traballar a lectoescritura e a educación en valores escribindo cartas a unha amiga ou amigo doutro cole?.

Pois así é. Durante o pasado curso, as profesoras e profesores do CEIP Alborada (A Coruña) e do CRA Novo Mencer (Coristanco. A Coruña), plantexaron ás súas alumnas e alumnos unha actividade novidosa: iniciar e manter contacto epistolar co alumnado do outro centro.

Esta experiencia, ademais de acadar un rotundo éxito entre o alumnado, resultou ser unha ferramenta moi útil para traballar a lectoescritura, a expresión escrita, e para cultivar valores como a amizade ou a paciencia. Por outra banda, permitiu ás participantes coñecer como é o día a día de nenas e nenos que viven en contornas distintas. Nese sentido, “Contactamos” sirve tamén de ponte de comunicación entre os mundos rural e o urbano.

O equipo de Proxectos Educativos de Meniños pon o seu gran de area coordinando aos centros que se animen a poñer en práctica esta experiencia piloto tan gratificante, co obxectivo de que a proposta se estenda a máis centros durante o presente curso.

 Decidimos

Unha segunda iniciativa é “Decidimos”, un deseño estruturado de asemblea periódica integrado no Plan de Convivencia do EEI Verducido de Pontevedra.

Esta actividade ten como obxectivos traballar coas nenas e nenos a práctica da escoita activa, a expresión das emocións e da crítica construtiva e outros valores, nun marco de apertura á participación do alumnado na toma de decisións sobre aspectos do día a día na aula.

Familia, Harmonía, Ocio, Quererse…

Outra novidade neste curso é a inclusión de novo material educativo que permitirá seguir profundizando na Educación en Valores a través do abecedario. Seguindo as suxerencias das profesoras e profesores, engadimos as fichas Familia, Harmonía, Ocio e Quererse, que incorporan dinámicas que convidan a xogar, ler ou dialogar en torno a esas palabras.

Agradecementos e convite

Desde Meniños queremos agradecer enormemente a dedicación e implicación amosadas polas profesoras, profesores, nenas e nenos cos que estamos colaborando, e lanzamos unha chamada á participación a todos os centros que aínda non tiveron a oportunidade de formar parte deste proxecto tan ilusionante. Atenderemos a vosa solicitude no correo electrónico proxectos.educativos@meninos.org

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Infancia, Meniños, Recursos educativos y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s