Primeiros pasos do Programa de Adopcións Especiais en Galicia

Programa de Adopcións Especiais en GaliciaDesde o pasado mes de agosto, e no marco do convenio asinado pola Fundación Meniños coa Xunta de Galicia, comezamos a mobilizar todos os nosos recursos para atopar familias galegas que estean en disposición de adoptar a aqueles nenos, nenas e adolescentes tutelados pola Administración pública que teñen maiores dificultades para atopar un fogar que lles aporte seguridade, calor e benestar.

Campaña de sensibilización

Maila boa acollida que a sociedade galega ofrece a todos os nenos e nenas que non gozan do dereito a vivir en familia, ás veces resulta máis complexo integrar a quen supera determinadas idades, pertence a un grupo de irmáns, ten unha discapacidade física e/ou intelectual ou calquera outra característica que dificulta a súa adopción.

É por iso que lanzamos unha campaña de difusión e sensibilización dirixida á sociedade no seu conxunto para visibilizar esta situación e poder atender ás necesidades desas nenas e nenos que ven máis lonxe a posibilidade de vivir en familia.

Acompañando ás familias

Pola outra banda, o noso equipo de Adopcións Especiais en Galicia, integrado actualmente por unha psicóloga e unha traballadora social, centra os seus esforzos en cubrir este baleiro, co obxectivo de crear un banco de familias adoptantes de nenas e nenos con necesidades especiais.

Despois de dous meses de traballo dedicados ao estudo dos casos abertos, á visita ás nenas e nenos en agarda de adopción e aos primeiros contactos coas persoas interesadas, Meniños comeza a tecer os fíos de soporte coas familias xa constituídas. Con elas iniciamos un proceso de información, formación, orientación e apoio para conseguir que a integración familiar se desenvolva de xeito satisfactorio para todas as partes implicadas.

Como nos comenta Olalla, traballadora social neste Programa, “comezamos a contactar coas persoas interesadas ofrecéndolles charlas informativas e formación especializada. Unha vez que as familias están en disposición de adoptar, primeiro enfocámonos en axudalas na fase de adaptación á nova situación, para despois acompañalas durante un mínimo de dous anos, escoitando as súas inquedanzas, orientándoas no día a día e achegando apoio técnico individualizado en aquelas situacións que o precisan”.

“O reto de adoptar a nenas ou nenos con necesidades especiais é tan grande como a satisfacción que aporta” – destaca Bárbara, a psicóloga do equipo – “polo que este apoio integral é moi importante. Resulta realmente emotivo escoitar a algunha persoa que chama interesándose e non pon ningún tipo de condicións para adoptar; por riba está o desexo de axudar a quen máis o precisa. É realmente admirable”.

Que podes facer ti?

Existen moitas maneiras de participar no Programa de Adopcións Especiais. Se estás pensando en formar unha familia ou desexas ampliala mediante unha adopción, animámoste a que contactes con nós. Concertaremos unha cita nas nosas oficinas para facilitarche a información que precises e solucionar as túas dúbidas.

Tamén podes axudarnos a difundir o Programa, sexas ou non profesional do ámbito ou dun medio de comunicación. Só precisamos que nos pidas o material divulgativo, para colocar carteis e dípticos nun sitio visible e compartir a campaña a través das redes sociais que utilizas habitualmente. Nesta liña, desde Meniños tamén achegamos as charlas informativas aos espazos onde consideres que existen persoas interesadas.

E para pechar o abano de posibilidades, convidámoste a colaborar connosco no teu tempo libre ou desde a túa empresa, a través do noso Plan de Voluntariado.

Descarga o Díptico do Programa de Adopcións Especiais

Algunhas experiencias

Experiencia Adopción Especial Meniños Asturias
Experiencia Familia Adopción Especial Meniños Asturias

Como contactar

Nos teléfonos: 981 269 955 / 676618924 / 678752393

E nos correos electrónicos:

adopcion.especial.t1@meninos.org

adopcion.especial.t2@meninos.org

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Adolescencia, Familia, Infancia, Meniños y etiquetada , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s