Lanzamos unha nova edición do Dicionario da Convivencia

Un precioso collage amósanos que suxiren a nenas e nenos palabras como Amizade, Colaboración, Emocións, Paciencia…

Portada Dicionario Convivencia 2014/2015

Hoxe é un día especial para Meniños. Presentámosvos a terceira edición do Dicionario da Convivencia do proxecto Convivimos , un reflexo do enorme traballo realizado durante o pasado curso polo alumnado e profesorado de Educación Infantil en 58 centros escolares rurais e urbanos espallados por toda a xeografía gallega.

Máis de 3.000 nenas e nenos tiveron a oportunidade de introducirse na educación en valores e o bo trato a través do xogo, as artes plásticas, a lectura e o debate. O resultado foi un precioso collage de imaxes: O Dicionario da Convivencia 2014/2015.

Grazas a esta demostración de creatividade podemos agora compartir un abecedario que se amplía ano tras ano coas achegas de todas as personas que integran a comunidade educativa.

A impresionante resposta que recibiu este proxecto animounos a lanzar este ano Convivimos e algo + , enriquecido con actividades deseñadas ao longo do pasado curso polas educadoras e educadores dalgúns dos colexios participantes. Proximamente informarémosvos máis cumpridamente sobre as novidades que xa puxemos en marcha.

Queremos agradecer a todas as nenas e nenos, profesoras e profesores, a enorme dedicación e grao de implicación que novamente demostraron.

Descarga

Dicionario da Convivencia 2014/2015 [PDF]

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Infancia, Meniños, Recursos educativos y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Lanzamos unha nova edición do Dicionario da Convivencia

  1. Pingback: Este curso: “Convivimos… e algo máis” | Fundación Meniños

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s