En agosto poñemos en marcha o Programa de Adopcións Especiais en Galicia

9404173516_da8300fdd7_oO próximo agosto comezaremos a xestionar o Programa de Adopcións Especiais en Galicia. Este programa lévase a cabo por contrato coa Xunta de Galicia, e o traballo que imos realizar no mesmo será fundamentalmente:

  • Promover a adopción daqueles nenos, nenas e adolescentes que teñen máis dificultades para ver satisfeito o seu dereito a vivir en familia. (Pode tratarse de grupos de tres ou máis irmáns, nenos e nenas con algunha discapacidade ou enfermidade, e en xeral os que presenten algunha característica ou circunstancia que dificulte a súa adopción).
  • Sensibilizar á sociedade acerca dos nenos e nenas que necesitan unha familia adoptiva.
  • Proporcionar información, formación e apoio ás familias que adoptan nenos e nenas con necesidades especiais, de maneira que a integración familiar se consolide de forma positiva.

Para iso, contaremos cun equipo formado por unha Psicóloga e unha Traballadora Social que traballarán de forma coordinada cos equipos de Adopción da Consellería de Traballo e Benestar.

Se che interesa participar neste programa, ponte en contacto con Meniños: http://www.meninos.org
981 26 99 55

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Familia, Infancia, Meniños y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a En agosto poñemos en marcha o Programa de Adopcións Especiais en Galicia

  1. Pingback: Primeiros pasos do Programa de Adopcións Especiais en Galicia | Fundación Meniños

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s