Fundación Meniños entrega os premios do Primeiro Certame de Relatos ‘Cóntame un conto’

O obra “O libro secreto de Chris”, de Amaia Tomé, alumna do Instituto Francisco Aguiar, foi galardoada co Primeiro Premio no Concurso Literario ‘Cóntame un conto’, da Fundación Meniños. Tamén, “O trasno viaxeiro”, de Noemí Barros e “Brancas Nubes”, de Daniela Rey, ámbalas alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Viós, levaron o primeiro e segundo accésit, respectivamente.

A entrega de premios tivo lugar na Librería Cascanueces, e contou coa presenza do representante do xurado, Manuel Guisande, a directora de Meniños, Mónica Permuy e a representante de Gadisa, empresa patrocinadora do evento, Ana Lago.

Autores como María Canosa e Carlos López (Chinto), xunto con Manuel Guisande formaron o xurado, designado por Fundación Meniños, en colaboración cos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces, da Coruña. O concurso estivo aberto ao estudantado da ESO que presentase unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita.

O premio consistiu na entrega de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e un agasallo sorpresa de Meniños, ademais da publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación.

O pasado 20 de novembro cumpriuse un cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Fundación Meniños quixo conmemorar este aniversario coa posta en marcha do primeiro Certame de Relatos ‘Cóntame un Conto’.

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN)

A CDN, aprobada en 1989, aportou unha nova visión dos nenos e das nenas como suxeitos de dereitos que antes non existía. Os dereitos que recolle baséanse en catro principios fundamentais: a non discriminación; o interese superior do menor; o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento; e a participación das persoas menores de idade en todas aquelas cuestión que as afecten.

Aínda que fican moitos retos pendentes no que se refire ao cumprimento de dereitos, nos 25 anos transcorridos, tamén se acadaron importantes logros en diferentes eidos. Porén, non podemos deixar de vixiar, cada día, o cumprimento dos dereitos dos menores.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s