A EAPN pretende que os candidatos ás eleccións municipais se comprometan coa loita contra a pobreza, situación na que se atopa o 21,5% da poboación na provincia da Coruña

abondanPRESENTACIÓN NA CORUÑA DA CAMPAÑA CONCELLOS AO SERVIZO DAS PERSOAS

CANDO? Mércores 26 de marzo
ONDE? Na Casa-Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12)
A QUE HORA? Ás 11:00 h.
QUEN? A vicepresidenta de EAPN-Galicia e directora de Meniños, Mónica Permuy e o director de EAPN-Galicia, Xosé Cuns.

 


Ante os alarmantes datos de pobreza e exclusión social en España e en Galicia (aínda que en menor medida), así como o fracaso das políticas que pretenden facer fronte a esta realidade, a Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia) presenta unha campaña que busca o compromiso dos políticos dos concellos e deputacións coa mellora da calidade de vida dos seus habitantes e o respecto dos seus dereitos sociais.

A través da campaña Concellos ao servizo das persoas, as entidades galegas de acción social, ademais de facilitar información e datos dos concellos sobre a súa realidade de pobreza e exclusión social, e o orzamento dedicado a combatelas, queren comprobar se os candidatos ás eleccións municipais 2015 teñen como prioridade a loita contra a pobreza e a exclusión social nos seus concellos e deputacións.

Como se detallará na conferencia de prensa, na provincia da Coruña o índice de pobreza e exclusión social é inferior á media galega (cun 21,5%), pero existen moitas diferenzas entre concellos e comarcas. Como tamén as hai no investimento social de cada concello e a súa deputación (como media 109,6 € por persoa e ano).

Con esta campaña búscase tamén a implicación dos galegos e galegas para que sexan cidadáns activos e lle esixan aos candidatos dos seus concellos que asinen as 15 demandas do Compromiso coas persoas, documento que está sendo achegado pola EAPN-Galicia aos partidos políticos dos distintos municipios.

Para máis información, podedes visitar a web da campaña.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, EAPN-Galicia, Familia, Fundación, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s