Fundación Meniños entrega este venres 27 de marzo os premios aos gañadores do I Certame de Relatos Cóntame un Conto

A entrega celebrarase na Librería Cascanueces da Coruña, ás 18.00 horas, e a entrada é libre

concurso meniños_cartel premios_01.aiFundación Meniños entregará este venres, día 27 de marzo, ás 18:00 horas, na Librería Cascanueces da Coruña os premios do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto, un evento que nace para conmemorar o cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno.

Neste acto, o representante do xurado, Manuel Guisande, xunto coa directora de Meniños, Mónica Permuy, e Ana Lago, en representación de Gadisa, farán entrega do Primeiro Premio do Concurso, así como de dous Accésits para outras dúas obras elixidas. Autores como María Canosa e Carlos López (Chinto), xunto con Manuel Guisande formaron o xurado, designado pola Fundación Meniños, en colaboración cos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces. O concurso estivo aberto ao estudantado de ESO que presentase unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita.

O premio consistirá na entrega de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños.

Quen: Fundación Meniños
Cando: O venres día 27 de marzo de 2015
Onde: Librería Cascanueces, (Rúa Cordonería, 10) A Coruña.
Que: Entrega de Premios do I Concurso Literario ‘Cóntame un Conto’

 

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN)

A CDN, aprobada en 1989, aportou unha nova visión dos nenos e das nenas como suxeitos de dereitos que antes non existía. Os dereitos que recolle baséanse en catro principios fundamentais: a non discriminación; o interese superior do menor; o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento; e a participación das persoas menores de idade en todas aquelas cuestión que as afecten.

Aínda que fican moitos retos pendentes no que se refire ao cumprimento de dereitos, nos 25 anos transcorridos, tamén se acadaron importantes logros en diferentes eidos. Porén, non podemos deixar de vixiar, cada día, o cumprimento dos dereitos dos menores.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s