A Rede Galega de Loita contra a Pobreza presenta a campaña “Concellos ao servizo das persoas”

A campaña pretende que os candidatos ás eleccións municipais se comprometan coa loita contra a pobreza e a exclusión social nos seus concellos.

Ante os alarmantes datos de pobreza e exclusión social que temos en España e en Galicia (aínda que en menor medida), así como o fracaso das políticas que pretenden facer fronte a esta realidade, a Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia), da que Meniños fai parte, xunto con outras entidades galegas, presenta unha campaña que busca o compromiso dosabondan políticos dos concellos e das deputacións coa mellora da calidade de vida dos seus habitantes e o respecto dos seus dereitos sociais.

A través da campaña Concellos ao servizo das persoas, as entidades galegas de acción social, ademais de facilitar información e datos dos concellos sobre a súa realidade da pobreza e a exclusión social e o orzamento dedicado a combatila, queren comprobar se os candidatos ás eleccións municipais 2015 teñen como prioridade a loita contra a pobreza e a exclusión social nos seus concellos.

Así mesmo, búscase a implicación dos galegos e galegas para que sexan cidadáns e cidadás activos/as e demanden aos candidatos/as dos concellos que asinen as 15 demandas do “Compromiso coas persoas”, documento que será achegado pola EAPN-Galicia aos partidos políticos dos municipios.

Nesta ligazón podes coñecer máis detalles sobre a campaña Concellos ao servizo das persoas, coñecer o que inviste o teu concello en loitar contra a pobreza e mesmo instar aos candidatos e candidatas a que asinen o “Compromiso coas persoas”.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s