O I Concurso Literario ‘Cóntame un Conto’ da Fundación Meniños péchase con máis de 30 relatos sobre a infancia

cuento-a-la-vistaE colorín colorado, este I Concurso Literario ‘Cóntame un Conto’ da Fundación Meniños remata! E finaliza tamén con final feliz, xa que se conseguiron máis de 30 magníficos relatos que se valorarán e entregaranse ao xurado para que delibere e escolla o gañador/a ou os/as gañadores/as.

Concurso Literario ‘Cóntame un Conto’ estaba aberto ao estudantado de ESO que presentara unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita antes do 28 de febreiro.

O tema do que versaban os contos era unha anécdota en positivo sobre a infancia, unha idea dun mundo onde se respecten os dereitos dos nenos e as nenas, onde estes medran nunha familia que garanta a súa protección e o seu benestar. 

O premio consistirá nun lote de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños. O resultado do concurso será comunicado á persoa gañadora e publicarase no blog de Meniños. Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar ata tres accésits que serán difundidos tamén no blog de Meniños.

Por último, recordamos que o xurado está composto por escritoras e escritores galegos de prestixio, tales como Manuel GuisandeMaría Canosa e Carlos López (Chinto) que agora valorarán estas obras literarias.

Dende aquí queremos darlle as grazas aos profesores/as implicados/as, as ANPAS, aos pais/nais ou titores e a moitas outras persoas que fixeron posible esta difusión, así como á colaboración dos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces, da Coruña.

O pasado 20 de novembro cumpriuse un cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Fundación Meniños quixo conmemorar este aniversario coa posta en marcha do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto.

Imagen

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s