Buscamos contos e rapaces e rapazas que os escriban

CartelConcursoO I Concurso Literario ‘Cóntame un Conto’ da Fundación Meniños está na súa recta final, e nós andamos na procura de rapaces e rapazas que queiran escribir un conto!

Se queres contarnos un conto sobre os nenos e as nenas, se tes algunha anécdota en positivo sobre a infancia, unha idea dun mundo onde se respecten os dereitos dos nenos e as nenas, onde estes medran nunha familia que garanta a súa protección e o seu benestar, colle o teu computador e escríbea!

Cando teñas o teu relato, dunha extensión non maior de 800 palabras ou menor de 600, o único que tes que facer é enviárnolo a europublic@europublic.es. Agardamos os teus traballos!

O tema: Os valores da infancia en positivo.

O premio: Un lote de libros cedidos pola Librería Cascanueces da Coruña, un Diploma acreditativo, e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños!

Se queres saber máis, aquí tes as bases. E se queres coñecer ao xurado, composto por escritoras e escritores galegos de prestixio, aquí tes os seus nomes: Manuel GuisandeMaría Canosa e Carlos López (Chinto).

O prazo de presentación pecha o día 28 de febreiro de 2015. Se tes unha idea, dálle! 😉

Sobre o concurso
O pasado 20 de novembro cumpriuse un cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), a a Fundación Meniños quixo conmemorar este aniversario coa posta en marcha do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto, dirixido ao estudantado da ESO que presente unha obra escrita en lingua galega, orixinal, inédita e que se ateña a estas bases.

Ao participar menores de idade, o relato terá que ser acompañado dunha comunicación responsable na que o pai, nai ou titor/o do autor ou autora, indica que o/a autoriza a participar no concurso.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Familia, Fundación, Infancia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s