Meniños súmase ao .GAL

punto-gal-bigA partir de agora poderás acceder á web da Fundación Meniños e coñecer a última hora de cada un dos nosos programas e proxectos a partir dos dominios www.meniños.gal e www.meninos.gal.

O dominio .gal forma parte do sistema de dominios de internet patrocinados e foi creado para a lingua galega e a súa cultura, e aprobado oficialmente en xuño de 2013. O novo dominio é empregado, fundamentalmente por webs en galego, e entrou en funcionamento en maio do 2014.

Na actualidade hai perto de 1.000 dominios unidos ao .gal, entre entidades, empresas e persoas que apostan por promover a súa marca ou destacar o valor engadido dos seus produtos, ao tempo que se promove e se destaca a cultura galega na Internet.

Na liña de compromiso de Meniños coa comunidade na que naceu a nosa Fundación, e en cuxo 100% do territorio desenvolvemos os nosos programas e proxectos (xunto con Madrid e Asturias), decidimos sumarnos ao .gal apenas uns sete meses despois do seu nacemento.

Na actualidade, podes acceder a toda a información de Meniños na Rede a través dos dominios meniños.org; meninos.org; meniños.gal e meniños.gal. Así mesmo, podes encontrarnos no noso blog e nas redes sociais (Facebook, Twitter e YouTube).

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Fundación, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s