A Fundación Barrié concédelle unha nova axuda a Meniños para o desenvolvemento do proxecto educativo ‘Convivimos’

convivimos_470x470_corConvivimos é unha proposta educativa para fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade e na igualdade en dereitos e responsabilidades, que forma parte dos Proxectos Educativos e Preventivos (PEP) que desenvolvemos en Meniños.

Desde a súa primeira implementación, no curso 2012-2013, o proxecto Convivimos obtivo o apoio da Fundación Barrié para que se fose estendendo polos colexios galegos. Para o ano 2015, a Barrié renovou o seu compromiso cos proxectos Educativos e Preventivos que mantemos en Meniños, concedéndonos unha axuda de 6.000 euros, a través do seu programa educaBarrié.

Neste tempo, e grazas ao apoio de educaBarrié, o material educativo Convivimos chegou a 11.313 participantes, 694 docentes e 210 colexios, superando vellos retos pendentes, ao conseguir a implicación dun maior número de persoas en cidades e vilas onde aínda non fora empregado este material.

O obxectivo de Meniños é continuar traballando con este material un ano máis, e poder chegar a todos as vilas e cidades de Galicia, para contribuír con toda a comunidade educativa no desenvolvemento dunha educación para a convivencia e para o bo trato á infancia.

Se queres saber máis sobre o proxecto Convivimos, e sobre o apoio da Fundación Barrié ao mesmo, aquí che deixamos esta entrevista, realizada en febreiro do ano pasado a Inés Fuster Sanjurjo, responsable de Programas Sociais da Fundación Barrié.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Familia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s