Participa no I Concurso Literario de Meniños ‘Cóntame un conto’

concurso literarioO pasado 20 de novembro cumpriuse un cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno, a a Fundación Meniños quixo conmemorar este aniversario coa posta en marcha do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto, dirixido ao estudantado da ESO.

Desde Meniños animámoste a participar neste concurso e a escribir sobre a túa idea dun mundo no que nenos e nenas non teñan que pedir, cada día, que se respecten os seus dereitos; un no que poidan medrar nunha familia que garanta a súa protección e o seu benestar. Falamos de nenos e nenas coma ti, que merecen ser felices.

O único que tes que facer é enviar un relato cunha extensión non maior de 800 palabras ou menor de 600. O tema? Os valores da infancia en positivo. O premio? Un lote de libros cedidos pola Librería Cascanueces da Coruña, un Diploma acreditativo, e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños. 😉

Se queres saber máis, aquí tes as bases. E se queres coñecer ao xurado, composto por escritoras e escritores galegos de prestixio, aquí tes os seus nomes: Manuel GuisandeMaría Canosa e Carlos López (Chinto)

O prazo de presentación pecha o día 28 de febreiro de 2015. Se tes unha idea, dálle! Agardamos os teus traballos!

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Familia, Fundación, Infancia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s