Zumba para toda a familia a favor de Meniños

Zumba Family é un evento deportivo e de lecer dirixido ás familias, que se desenvolverá este domingo 21 de decembro, de 11h00 a 14h00, no frontón do Palacio de Deportes de Riazor, na Coruña.
meniñosO 50% da recadación das entradas, que teñen un prezo de 3 euros para os adultos, e 1 euro para os nenos e as nenas, irá destinada aos programas de protección da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social que desenvolvemos en Meniños.

Por unha vida activa: Zumba Kids e Zumba Fitness
O obxectivo do evento, organizado por Zumba Galicia, é fomentar a práctica deportiva, a través de actividades interxeracionais, potenciando entre as familias, a un tempo, os hábitos de vida e de lecer activo.

Os máis pequenos terán o seu momento de marcha co Zumba Kids, que se desenvolverá de 11h00 a 11h30. Despois chegarán as dúas horas e media de Zumba Fitness, impartido polos monitores de Zumba Galicia. Mentres os maiores fan deporte, os nenos e nenas poderán xogar, pintar e sentar xunto con Papá Noel. Tamén vai haber teatro cómico, a cargo de Los Duggis.

Da familia Meniños agradecemos altamente aos profesionais de Zumba Galicia o seu compromiso no apoio á infancia e á adolescencia en situación de dificultade social.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Familia, Fundación, Infancia, Meniños. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s