Coa etiqueta #Dereitos365 reivindicamos a defensa dos dereitos das persoas en pobreza e exclusión máis alá das festas do Nadal

dereitos365O aumento da pobreza e da desigualdade neste ano que remata fai que a presenza destas problemáticas a nivel político e social sexa imprescindible. Por este motivo, desde EAPN-Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza), entidade da que formamos parte, lanzamos unha campaña unitaria de comunicación este Nadal.

O obxectivo é trasladar á opinión pública que as persoas en situación de pobreza e exclusión están vendo vulnerados os seus dereitos, pero non por isto deixan de telos. Baixo a etiqueta #Dereitos365, buscamos lembrar a necesidade de facerlle fronte á exclusión social diariamente.

A partir do 17 de decembro ás 12 horas e durante todas as festas, sucederanse unha serie de mensaxes en blogues, redes sociais e webs de todas as entidades de acción social galegas, tamén Meniños, que apelen á defensa dos dereitos sociais e a loita a exclusión a través da implicación de todas e todos.

Pedímosche que nos apoies tamén, desde o teu Facebook ou o teu Twitter, porque a desigualdade e a exclusión combátense todos os días: #Dereitos365!

EAPN-GALICIA e o seu Grupo de Comunicación

EAPN-Galicia está integrada por 125 entidades que traballan contra a pobreza e a exclusión en Galicia, e ten como misión “defender os dereitos das persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión mediante a incidencia política e social”.

O grupo de Comunicación está formado polas responsables de comunicación de entidades como Autismo Galicia, Arela, COGAMI, Down Galicia, Ecos do Sur, FEAFES, FEGADACE, Fundación Meniños, Fundación Ronsel, Igaxes3 ou Médicos do Mundo. Ademais de organizar accións concertadas de comunicación ou formación, tratamos de defender a causa e a mensaxe principal da defensa dos dereitos e a dignidade das persoas en risco de pobreza ou exclusión social, moi lonxe de calquera visión asistencialista.

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Fundación, Infancia, Meniños. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s