Fundación Meniños conmemora o 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno co Primeiro Certame de Relatos Cóntame un Conto

O concurso está aberto ao estudantado de ESO que presente unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita antes do 28 de febreiro de 2015

ImagenO pasado 20 de novembro cumpriuse un cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Fundación Meniños quere conmemorar este aniversario coa posta en marcha do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto.

Escritores galegos de recoñecido prestixio, como Manuel Guisande, María Canosa e Carlos López (Chinto) formarán o xurado, designado pola Fundación Meniños, en colaboración cos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces, da Coruña. O concurso está aberto ao estudantado de ESO que presente unha obra escrita en lingua galega, orixinal, inédita e que se ateña ás seguintes bases.

Os relatos enviados non poden ter unha extensión maior de 800 palabras ou menor de 600 e a súa temática fará alusión ao tema dos valores da infancia en positivo. Pódese obter más información do traballo de Meniños, a modo de inspiración, neste enlace.

O premio consistirá nun lote de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños. O resultado do concurso será comunicado á persoa gañadora e publicarase no blog de Meniños. Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar ata tres accésits que serán difundidos tamén no blog da Fundación Meniños.

Ao participar menores de idade, o relato terá que ser acompañado de unha comunicación responsable na que o pai, nai ou titor/o do autor ou autora indica que o/a autoriza a participar no concurso. O prazo de presentación pechará o día 28 de febreiro de 2015.

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN)

A CDN, aprobada en 1989, aportou unha nova visión dos nenos e das nenas como suxeitos de dereitos que antes non existía. Os dereitos que recolle baséanse en catro principios fundamentais: a non discriminación; o interese superior do menor; o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento; e a participación das persoas menores de idade en todas aquelas cuestión que as afecten.

Aínda que fican moitos retos pendentes no que se refire ao cumprimento de dereitos, nos 25 anos transcorridos, tamén se acadaron importantes logros en diferentes eidos. Porén, non podemos deixar de vixiar, cada día, o cumprimento dos dereitos dos menores.

Sobre a Fundación Meniños

A Fundación Meniños é unha ONG, fundada en 1996, dedicada a promover os dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social, propiciando cambios na súa contorna que lles aseguren un ambiente familiar de seguridade e afecto.

En Meniños traballamos con programas especializados de intervención familiar con nenos, nenas e adolescentes en situación de risco e/ou desprotección, e coas súas familias en Galicia, Asturias e Madrid, en colaboración coas Administracións públicas, outras entidades e organizacións.

Nestes case vinte anos, temos atendido a máis de cinco mil nenos, nenas e adolescentes, e a máis de tres mil familias; ao tempo, desenvolvemos programas educativos en 814 colexios, con perto de 93 mil nenos e nenas, e con case seis mil educadores/as.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s