Meniños móvese polos dereitos dos nenos e nenas

CartelFlashMobPontevedraMENIÑOSsNo mesmo día no que a Convención dos Dereitos do Neno (CDN) cumpre un cuarto de século, o equipo da Fundación Meniños cumpre unha década de traballo na cidade de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Benestar Social Municipal.

Para celebrar estes 10 anos, o equipo de Meniños organizou un Flashmob polos Dereitos dos Nenos e Nenas, co que queremos facer moito ruído e algo de festa, ao tempo que reivindicamos o cumprimento dos dereitos dos cativos e cativas e visibilizamos a infancia como parte esencial do noso presente, e do noso futuro.

O Flashmob comezará ás 17h00 na Praza da Peregrina, e contará con convidados sorpresa que realizarán a coreografía. Desde a Fundación Meniños convidamos á cidadanía de Pontevedra a vir bailar connosco nun día tan especial.

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN)

A CDN, aprobada en 1989, aportou unha nova visión dos nenos e das nenas como suxeitos de dereitos que antes non existía. Os dereitos que recolle baséanse en catro principios fundamentais: a non discriminación; o interese superior do menor; o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento; e a participación das persoas menores de idade en todas aquelas cuestión que as afecten.

Aínda que fican moitos retos pendentes no que se refire ao cumprimento de dereitos, nos 25 anos transcorridos, tamén se acadaron importantes logros en diferentes eidos. Porén, non podemos deixar de vixiar, cada día, o cumprimento dos dereitos dos menores.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Experiencias, Fundación, Infancia, Meniños. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s