Participamos na xornada ‘A incidencia nos menores da violencia no contorno familiar’, en Compostela

A Fundación Meniños vai participar na xornada ‘A incidencia nos menores da violencia no contorno familiar’, que se celebrará o vindeiro venres día 21 de novembro en Santiago de Compostela e estará organizada polo Valedor do Pobo.

As nenas e os nenos son tamén vítimas da violencia de xénero.
A exposición a esta violencia ten un evidente impacto negativo na súa vida, benestar e desenvolvemento. Vivir nunha familia onde un dos proxenitores é maltratado polo outro significa a exposición a situacións de opresión e control e a un modelo de relación baseado no abuso de poder e a desigualdade.

É importante coñecer as consecuencias que a exposición á violencia de xénero ten sobre os e as menores na súa maduración persoal, no seu desenvolvemento físico, na detección de trastornos psicolóxicos, de conduta ou cognitivos, no seu rendemento e adaptación escolar, para identificar canto antes os posibles casos e garantir a súa atención.

FICHA TÉCNICA:

Horario: A xornada aberta a todas as persoas interesadas (previa inscrición) celebrarase en horario de mañá entre as 11 e as 14 horas do día 21.

A quen se dirixen: Están dirixidas a persoas que traballen con menores e en contacto directo coas mulleres maltratadas. Tamén están abertas a equipos de orientadores, sanitarios, responsables de políticas públicas de menores, muller e familia, oenegués, deputados e deputadas e calquer persoa sensibilizada con estas cuestións.

Formulario de inscrición
: http://goo.gl/forms/x4u7PvGsKT

Información e programa: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=175&i=139

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Familia, Fundación, Infancia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s