Arranca o IV Foro sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado

A Rede Galega de Loita contra a Pobreza – EAPN Galicia xunto ao CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD organiza para os días 9 e 10 de outubro a cuarta edición do Foro de Capacitación sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado.

Baixo o lema “¿Democracia con Transparencia ou Desigualdade e Corrupción?” esta charla levarase a cabo na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, e busca o obxectivo de contribuír a analizar e dar visibilidade ás situacións de desigualdade que se viven hoxe na nosa comunidade. Ante o avance da desigualdade e a exclusión, preténdese tratar o concepto de pobreza e a inclusión social partindo dunha reflexión en positivo sobre a necesidade da transparencia en administracións públicas e ONG.

O Foro contará con relatorios, conferencias e mesas redondas co obxectivo de fomentar o debate sobre a inclusión social de colectivos vulnerables. Non se trata dun evento pechado ás entidades integrantes de EAPN Galicia, senón que pretende fomentar o traballo colectivo e en rede entre diversas agrupacións, institucións, organizacións sociais, universidades, colexios profesionais e administracións.

O evento divídese en varias áreas: a primeira analizará a importancia da transparencia e a participación das persoas máis vulnerables nas políticas que lles afectan; a segunda avaliará a implantación da Estratexia Europa 2020 e a da transparencia e o participación das organizacións de acción social na xestión dos Fondos Estruturais 2014-2020 que Galicia recibe da Unión Europea. Ademais, falarase de estratexias para lograr efectividade na implantación da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA); e de como mellorar a comunicación dos problemas de inclusión e empoderamento das persoas.

“Agora” para coñecer proxectos innovadores

No marco deste Foro, EAPN Galicia organiza un espazo no que se darán a coñecer iniciativas innovadoras dentro do ámbito da loita contra a pobreza e a exclusión dende as ONG que forman o chamado Terceiro Sector, denominado Agora. Nela participarán organizacións sen ánimo de lucro ou empresas de economía social involucradas na loita contra a pobreza, que disporán dunha sala na que expoñer en 15 minutos os seus proxectos, ante un auditorio reducido de persoas interesadas.

A inscrición no Foro está aberta e custa 15€ (5€ para estudantes e persoas desempregadas), e é gratis para voluntarios ou profesionais das entidades membro de EAPN Galicia, CERMI ou Coordinadora ONGD. Pode formalizarse facendo unha transferencia na conta 2080 0300 81 3040148710 e picando seguidamente no enlace

https://docs.google.com/forms/d/1-x6pbL5BCr73xwe94_1TAobaFA9W7WZcTsTNBMaZkWo/viewform

Obxectivos:

· Analizar a importancia que a transparencia e a participación das persoas mais vulnerables nas políticas que lles afecten, teñen de cara ao éxito de das actuacións de inclusión. Na administración pública e no propio Terceiro Sector.

· Coñecer o avance na implantación da Estratexia Europa 2020 e a súa plasmación no proceso de planificación, xestión e avaliación do Plan Operativo galego 2014-2020 dos Fondos Estruturais da Unión Europea (principalmente FSE, FEDER e FEADER). Un proceso que a propia Comisión Europea establece no seu Código de Conduta e Partenariado que debe ser feito de xeito consensuado coa sociedade civil non lucrativa e organizada.

· Debatir sobre como mellorar a comunicación a prol da inclusión social e o empoderamento das persoas fuxindo de políticas e accións asistencialistas.

· Identificar as eivas e retos para asegurar que a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) teña o éxito que se pretende na  Lei de Inclusión, presentando para elo os resultados da investigación que vimos de realizar dende EAPN Galicia coa axuda do Colexio de Traballo Social entre 74 profesionais implicados.

Fonte: EAPN Galicia

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Experiencias, Meniños, ONG, Voluntariado. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s