A proposta educativa de Meniños “Convivimos” pecha o curso 2013-2014 cunha alta participación de alumnos

O proxecto “Convivimos” contén unha serie de actuacións de carácter educativo e preventivo no eido escolar, familiar e social.

Por segundo curso consecutivo, Fundación Meniños desenvolveu en Galicia a  proposta educativa para educación infantil “Convivimos”.

Neste curso 2013- 2014 tivemos a sorte de contar coa participación de ata 49 colexios, 3.200 nenos e nenas, e 172 educadores e educadoras, todos eles distribuídos nas catro provincias galegas, principalmente na Coruña e Lugo.

O proxecto “Convivimos” contén unha serie de actuacións de carácter educativo e preventivo no eido escolar, familiar e social, co obxectivo de promover na infancia unha convivencia baseada no respecto á diversidade e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Na procura deste fin, proporcionouse aos participantes actividades e ferramentas que axudasen ao seu coñecemento práctico tanto na escola coma na contorna familiar.

Esta proposta está dirixida ao persoal educativo do 2º ciclo de Infantil, para facer diferentes actividades con alumnos e alumnas. Neste segundo curso contamos ademáis coa participación de alumnado de primeiro ciclo de Infantil e tamén de Primaria.

Mira o resultado:

Convivimos 2 CPI As Revoltas-Cabana de Bergantiños (Utopia) Convivimos 3

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Familia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s