30 entidades sociais participarán no Encontro Internacional SV4Life Galicia, en Santiago de Compostela

Ao longo da nosa infancia e adolescencia, todas as persoas recibimos vacinas para previr enfermidades e vivir con boa saúde. O proxecto SV4Life (“Vacinas sociais para a vida”) fai unha proposta análoga no eido social: a meta é que os mozos e mozas aprendan a evitar situacións de risco no futuro, avanzando nas súas vidas máis segura e positivamente.

Unha trintena de entidades sociais estarán representadas na Conferencia Internacional SV4Life, un evento que conta xa con 120 participantes e se levará a cabo este 15 e 16 de maio na cidade da Cultura.

O proxecto SV4Life desenvolve ferramentas para o empoderamento das persoas en risco de exclusión: materiais interactivos que pode usar calquera profesional do ámbito social. Estes materiais presentaranse durante a xornada do 15 de maio e mesmo haberá unha demostración en directo de como se usan, a cargo de Isabel Lopes, directora técnica da Associação Humanidades de Lisboa.

Ademais, as xornadas permitirán o debate entre as tres partes implicadas no traballo a prol da poboación máis vulnerable: as organizacións sociais (de Galicia, España e Europa), universidade e administración pública. E presentaranse dúas publicacións (unha española e outra portuguesa) arredor de boas prácticas na intervención con adolescentes e mozos en risco de exclusión.

Sobre a Iniciativa

A iniciativa forma parte da liña Grundtvig do Lifelong Learning Programme da Unión Europea. Ademais de Igaxes3, o grupo de traballo está formado polas organizacións Pictora (Reino Unido), Associação Humanidades (Portugal), Clovek v tísni / People in Need (Eslovaquia) e Pro Civitas (Estonia). Representantes de todas elas exporán os resultados do traballo durante a Conferencia Internacional.

cartel

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s