20 de novembro, Día Universal dos Dereitos da Infancia

trastornos-de-conductaOs millóns de nenos e nenas afectados polo tifón Haiyan en Filipinas, polo conflito en Siria, as guerras en África e a pobreza noutras partes do mundo, lémbranos a diario o vulnerable que é a infancia ante os desastres naturais e as atrocidades provocadas polos adultos.

Segundo a ONU, a pesar diso, lográronse algúns avances relevantes. Por exemplo, a mortalidade infantil baixou en 2012 a uns 6,6 millóns, case a metade das rexistradas en 1990. A tendencia é positiva, pero todavía pódese facer moito máis.

Desta opinión tamén somos nós. Na nosa Comunidade, Xunta e entidades de apoio defenden a prevención para evitar riscos ao menor. Para Roberto Antón, o noso coordinador de Pontevedra, o traballo que realiza Meniños coas familias é positivo “porque o traballo a medio prazo logra cubrir as necesidades básicas dos menores”. E segue: “Hai unha porcentaxe de intervencións nosas que non chegan a cubrir os obxectivos, pero para estas familias hai outros recursos específicos. Nós sempre dicimos que todas as familias teñen recursos e capacidade de cambio, e realmente demóstranolo, xa que mesmo familias con situacións moi complicadas salguen adiante. Por iso creo que os programas de prevención son moi necesarios, xa que supoñen un aforro para a sociedade e canto antes se traballe cos nenos será moito mellor para todos”, recomenda.

Sobre Meniños

Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia. Desde 1996, esfórzase para que os nenos e nenas que viven en situación de dificultade social poidan exercer o seu dereito a crecer nunha familia, desenvolvendo programas de prevención e intervención nas sedes de Galicia, Asturias e Madrid.

O equipo de Meniños desenvolve programas que abarcan diferentes aspectos da vida en común: a reunificación familiar, a preservación na contorna, os acollementos, as adopcións de nenos e nenas con necesidades especiais, o apoio ao acollemento en familias extensas, a atención ás familias, a sensibilización e educación en valores que promovan a cultura do bo trato á infancia e a cooperación técnica con outras entidades e países.

Deste xeito, o fin da Fundación Meniños é lograr que cada menor atope o afecto e a seguridade que só lle pode proporcionar un entorno familiar.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s