Arrancan os actos de semana Internacional da Erradicación da Pobreza da man de EAPN-Galicia

Hoxe arranca a Semana Internacional da Erradicación da Pobreza, que lémbranos que exclusión social e pobreza son unha realidade que afecta a máis de 1.000 millóns de persoas no mundo e que en Galicia e España tamén avanzan implacables, e moito máis en tempos de crises e recortes.

Nesta data tan sinalada no calendario da solidariedade, hoxe, o Parlamento de Galicia levará a cabo varios actos. O primeiro será a lectura do Manifesto por unha cidadanía inclusiva da Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia), mantendo así na axenda política a loita contra a discriminación e a marxinación que padecen as persoas que se atopan en risco de exclusión social.

Esta lectura estará a cargo de Mónica Permuy, directora da Fundación Meniños, encargada de lembrar que as Nacións Unidas declararon o 17 de outubro Día internacional para a erradicación da pobreza, nun esforzo por espallar unha conciencia solidaria que permita facer fronte á miseria na que viven millóns de persoas. O risco de exclusión social existe en todo o planeta, tamén na nosa Comunidade Autónoma.

No acto estarán, además da Xunta Directiva da EAPN o presidente do CERMI, Anxo Queiruga, e a presidenta da Coordinadora de ONGD, Gema Filgueira.

Doutra banda, hoxe ás 17:00 h. inagurarase no vestíbulo principal do Parlamento a exposición dos traballos premiados no concurso “Prioridade 1: Pobreza e exclusión”, organizado pola Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN-Galicia). Composto por case 60 fotografías, esta colección aposta pola participación na sociedade das persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.

1376486_440864046023335_1248499976_n

Momento da inauguración, no Parlamento, da expo Prioridade 1 Pobreza e Exclusión Social.

 

Foto premiada no III Concurso Fotográfico: Pobreza e Exclusión Social en Galicia

Foto premiada no III Concurso Fotográfico: Pobreza e Exclusión Social en Galicia

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Fundación, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s