“Convivimos” de novo nos colexios galegos

Tras o éxito de participación do pasado curso (máis de 4.500 nenos e nenas de 86 colexios de toda Galicia), a proposta educativa Convivimos está de novo en marcha. Lembramos que se trata dun material para profesorado, preferentemente de Educación Infantil, para levar a cabo na aula en calquera momento do curso, integrado no currículo (non precisa tempo a maiores), e totalmente gratuíto. Se che interesa, infórmate aquí.

Agradecemos ás entidades que fan posible o mantemento deste programa: Fundación Barrié (a través do seu programa Educabarrié); Fundación José Otero e Carmela Martínez; Deputación Provincial de Lugo; Deputación Provincial de Pontevedra; e Concellos de A Coruña e Ferrol.

Neste primeiro trimestre de curso, precisamos da colaboración de persoas voluntarias que nos axuden na difusión da proposta en todo o territorio; anímaste a axudarnos?

E como mostra, presentamos o “Dicionario da convivencia”, un libriño que recolle as achegas dos nenos e nenas participantes na pasada edición, que nos mostran cos seus debuxos e traballos o que significan para eles algunhas palabras clave na convivencia. Colabora connosco!

convivimos

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Familia, Infancia, Meniños, Recursos educativos. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s