O 3 e 4 de outubro terá lugar o III Foro sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado

colaboracion“Un investimento, non un gasto”

Este III Foro pretende continuar o traballo das anteriores edicións e contribuir a situar a realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática e visibilizar a importancia que o Terceiro Sector de Acción Social e o Voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social.

No Foro búscase tanto ampliar o coñecemento dos asistentes en base a conferencias marco, favorecer o debate en positivo de propostas que melloren a actuación en procesos de inclusión social e dar a coñecer experiencias de éxito.

A directora de Meniños, Mónica Permuy, participará no III Foro sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado, no que falará sobre a alianza entre Meniños e Igaxés 3.

 O Foro terá tres areas: 

Unha primeira centrarase en analizar a situación do Terceiro Sector como actor social cara dentro e cara fora, analizando os problemas e retos que nos afectan, a urxencia de resolvelos e a xeración de propostas útiles.

A segunda fase titúlase “Hai alternativas”, tanto no eido de organización interna, nas posibilidades de crear empresas dende organizacións sociais, e nas alternativas para outra economía.

Ao cabo, o venres pola mañan, debatiranse os retos que temos todos os actores implicados na loita pola inclusión social, máxime cando está a punto de aprobarse a nova e recoñecida Lei de Inclusión: as medidas de emerxencia como medio e non como fin, o avance do asistencialismo ou o papel das organizacións do Terceiro Sector na prestación de servizos públicos.

O proceso de inscrición xa está aberto.

O custe xeral da matrícula é de 15 €.

Estudantes ou personas en situación de desemprego 10 €.

Gratis para persoas voluntarias ou profesionais das entidades membro de EAPN Galicia, CERMI ou Coordinadora ONGD.

Toda a info está dispoñible aquí

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Experiencias, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s