Galicia garantiza a atención aos nenos e nenas con algún tipo de trastorno ou diversidade funcional

O director xeral de Educación da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira, garantiu que o sistema educativo galego xa ten postos en marcha mecanismos de asistencia para nenos e nenas con algún tipo de trastorno e con diversidade funcional. Ademáis, recordou estes días no Parlamento de Galicia que as necesidades do alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) están recollidas no Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes galegos.

Non en balde, a Consellería destina este curso preto de 3.200 profesionais ao coidado e atención dos estudantes con necesidades específicas de apoio educativa, entre orientadores, especialistas en audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica, coidadores e outro persoal especializado; sendo na actualidade a comunidade que conta con máis recursos persoais especializados para este fin, o que supón un investimento de preto de 94 millóns de euros.

Ademais, a Consellería atende todas as solicitudes de colexios e institutos públicos para dotalos de emisoras de frecuencia, cadeiras adaptadas, equipamento informático específicos, mesas e atrís, entre outros recursos; e conta cunha liña específica de axudas para que os estudantes dos centros concertados poidan acceder tamén a este apoio.Así mesmo Galicia foi a primeira comunidade que dotou con servizo de orientación interno a todos os centros educativos.

Neste sentido o director xeral aclarou as dúbidas da oposición sobre o tratamento dos estudantes con TDAH indicando que o capítulo V do devandito decreto esta dedicado de forma íntegra ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo, “alumnado entre o que se sitúa o diagnosticado con TDAH”. Así mesmo, sinalou que neste texto existen numerosas indicacións para a identificación das circunstancias de cada alumnos e para o axuste da intervención educativa.

A atención ao caso concreto do trastorno por déficit de atención e hiperactividade, está a ser ademais un dos puntos de interese da Consellería de Cultura e Educación na configuración da oferta de formación de profesorado. De feito, no curso actual  desenvolvéronse varias actividades formativas arredor das estratexias de intervención e de actuación nas aulas co alumnado con TDAH, e das súas características e necesidades. Por outra banda o departamento educativo da Xunta de Galicia asesora e colabora nas actividades organizadas por asociacións de familias de alumnado con TDAH.

Fonte: Axencias e Consellería de Educación

trastornos-de-conducta

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s