Meniños celebra o día da Familia coa entrega de premios do concurso de banda deseñada “Historias de Milu”

mundomiluHoxe en día, a familia segue sendo considerada como a unidade básica da sociedade e un dos vínculos afectivos máis poderosos. O Día Internacional da Familia, que se celebra o 15 de maio, segue o obxectivo de aumentar o grao de concienciación acerca dos temas relacionados coa familia e fomentar así os lazos familiares. Ademáis, este Día Internacional é a ocasión propicia para promover a concienciación de diferentes maneiras, así como o mellor coñecemento dos procesos sociais, económicos e demográficos que afectan a este importante núcleo da sociedade.

Para celebrar este día, Meniños e a Consellería de Traballo e Benestar entregarán durante a mañá diplomas e premios aos gañadores do concurso de banda deseñada “Historias de Milu”. Este concurso foi convocado por estas entidades o pasado 20 de novembro de 2012, e dirixiuse ao alumnado de Educación Secundaria obrigatoria dos centros escolares públicos, privados ou concertados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os colexios e institutos participantes eran:

– IES Antonio Fraguas, de Santiago de Compostela.

– CPR Ayala, de Narón.

– IES Carlos Casares, de Vigo.

– Colexio La Salle, de Santiago de Compostela.

– CPR Padres Somascos, da Guarda.

Este concurso tiña por obxecto enriquecer a cultura dos dereitos dos nenos e nenas quenes, a través da creación dunha banda deseñada, tiveron a oportunidade de contar historias (reais ou imaxinarias) sobre menores que se ven separados das súas familias ou pasan por un mal momento nelas, e precisan axuda.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Familia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s