As ONGs galegas presentamos a Campaña do IRPF 2013 para fins sociais: “X Solidario”

O martes 16 de abril, ás 11.00 horas, na  Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, nº 16), representantes de ONGs galegas presentaremos a campaña ‘X Solidario’.

O sector social desenvolve cada ano esta campaña co fin de concienciar ás persoas contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e financiar así numerosos programas destinados a mellorar a calidade de vida das persoas máis desfavorecidas: maiores, xente con discapacidade, infancia, mulleres, etc.

Na presentación intervirán:

Anxo Queiruga, Presidente do CERMI Galicia (Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade).

María Paz, Vicepresidenta da CGONGD (Coordinadora Galega de ONGD).

Carlos Rosón, Secretario da EAPN-Galicia (Rede Contra a Pobreza).

Durante a rolda de prensa daranse a coñecer os datos relativos á nosa comunidade e participarán dúas persoas que se benefician de programas financiados con cargo ao IRPF en distintas entidades.

Ademais, ofrecerase a posibilidade de facer entrevistas ás entidades sociais que financian parte do seu traballo coa asignación tributaria do IRPF.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s