Fervenza Onírica mostra o mundo literario galego en Ourense

CARTEL FERVENZA ONIRICABenvid@s ao país dos soños, da fantasía e da creatividade.

Chámase Fervenza Onírica e é unha obra de teatro colectiva, representada por alumn@s da Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez, “Aveliñas Teatro”, o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e a Aula de Teatro do C.I.P de Touro. Esta función representarase o próximo 21 marzo no Teatro Principal de Ourense e narra un universo cun elevado grao de realismo e humor. Ao longo destas subxugantes historias, o espectador transitará por diversos mundos literarios de escritores coma Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Joaquín Murale, Castelao, Núñez Singala, etc.

Trátase dun espectáculo conformado por escenas independentes onde a hilaridade, o imprevisto e a reflexión acompañarán ao receptor. O complexo mundo das relacións sentimentais; o complicado universo das relacións entre os diferentes estratos que conforman a sociedade; a complexidade da mente daquelas persoas que viven á marxe do comunmente considerado “normal”; a falta de solidariedade entre algúns dos membros que pisan as beirarrúas destas impersoais cidades; as aparencias como modelo ideal de conduta consumista… son os eixos temáticos sobre os que se vertebra esta peza teatral pensada “por” e “para” un público da actualidade, é dicir, para ti, que me estás a ler nestes intres.

Un divertido xogo onde a imaxinación xoga un papel chave, un alegato emotivo das inquedanzas do mundo adolescente que reterá a ollada curiosa  durante o espectáculo e unha reivindicación do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, poesía…

Más info:

A hora de representación será ás 20:30, pero haberá unha representación para escolares pola mañá.

Prezo da entrada: 2 euros. Recaudación íntegra para Meniños.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s