Benestar renova o seu compromiso para o programa de Integración Familiar de Meniños que permitirá atender a uns 320 menores

A Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños colaborarán de novo en 2013 no Programa de Integración Familiar, que levan desenvolvendo conxuntamente desde 1996.

Esta iniciativa permitirá atender a uns 320 menores e ao redor de 180 familias ao longo deste ano 2013.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy, asinaron a comenzos de semana o convenio de colaboración que renova esta aposta por manter “unha importante peza nas políticas do Goberno autonómico de apoio ás familias, e especialmente para aquelas que están a atravesar maiores dificultades”.

O departamento autonómico destinará a esta actuación un total de 380.000 euros neste exercicio. “Temos realizado un gran esforzo por manter a nosa achega nos orzamentos deste ano”, subliñou Mato. Ao respecto, lembrou que este esforzo súmase ao que xa se realizou en 2012, cando a Xunta incrementou a súa achega a esta iniciativa nun 110 por cento (o que supuxo uns 200.000 euros máis dos que se destinaban a este fin en 2011).

Sobre o traballo de Meniños

O programa está dirixido a menores e familias nas que se producen situacións de maltrato ou desprotección. Céntrase principalmente en dúas áreas: a reunificación e a preservación familiar.

En canto á reunificación familiar, nesta área actúase para mellorar a situación sociofamiliar e persoal dos nenos, nenas e adolescentes que tiveron que ser separados das súas familias e residen en centros de acollida. “A finalidade é acadar unha incidencia directa nos núcleos familiares de referencia e favorecer a súa reunificación”, explicou a conselleira.

Por outra banda, a segunda área céntrase na preservación familiar, potenciando os recursos das familias e promovendo os cambios necesarios para previr e evitar que se produza a separación do menor. Para conseguilo, lévanse a cabo distintas medidas como a educación familiar, a intervención psicosocial ou a terapia familiar.

Máis información nos medios:

Noticia, El Correo Gallego

TVG: Minuto 43:41 a 44:26.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-503227

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Familia, Fundación, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s