Pontevedra é a Cidade Solidaria coa Infancia por un día

Da man dunha iniciativa nacida da colaboración entre a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra e Rede Axuda, varios alumnos de 4º de grao de Publicidade e Relacións Públicas tiveron a oportunidade de realizar prácticas en colaboración coas diferentes asociacións da cidade, entre elas Meniños.

Raúl Constela Lorenzo, Lara Vázquez Valcarce, Noa Fernández Araújo e Bruno Reboredo Bello declararon a Pontevedra “primeira Cidade Solidaria coa Infancia”. Así, durante o día de hoxe, as estatuas de Pontevedra vístense de cor laranxa e as prazas mudan o seu nome por outros que representa valores a favor da infancia.

Ademais, redactouse un decálogo cos motivos polos cales Pontevedra é solidaria coa infancia:

  1. A “Cidade dos nenos” do pedagogo italiano Francesco Tonucci foi unha das referencias da transformación de Pontevedra nos últimos anos.
  2. É unha cidade concebida para o benestar e a creatividade de nenos e nenas.
  3. Pontevedra é hoxe unha cidade amigable para os nenos e nenas.
  4. A aposta pola accesibilidade universal mellorou a circulación dos máis pequenos, que aínda teñen que valerse de carriños para ser transportados polos seus pais e nais.
  5. O tráfico a motor calmado permitiu minorizar unha grave ameaza para nenos e nenas, como era o papel invasivo dos automóbiles na cidade.
  6. O Camiño Escolar de Pontevedra é un intento de que os pais e as nais aumenten a confianza nos seus fillos e na cidade, para que estes acudan ao colexio sos.
  7. Os nenos e nenas poden desenvolver unha vida en harmonía co medio urbano, polo que é posible e frecuente xogar nos espazos públicos, xa que reúnen as condicións de seguridade, salubridade e calidade para iso.
  8. A cidade realiza constantes esforzos para integrar a nenos e nenas na oferta cultural e festiva, con programacións dirixidas ao público familiar como Domingos do Principal, Animatrón, e outras múltiples iniciativas ao longo do ano. O Salón do Libro Infantil e Xuvenil é un referente galego en materia editorial adicado a nenos e nenas
  9. Grazas aos programas de Meniños, en Pontevedra ningún neno queda sen agasallos de nadal.
  10. Meniños ten un programa específico e permanente para nenos en situacións de risco.

Ademáis, grabaron o seguinte spot.

Toda a información pode verse aquí.

Como complemento á campaña, desenvolveuse unha aplicación en web para Smartphone:

meninos.org/pontevedrasolidaria

E creouse unha páxina en Facebook:

facebook.com/CidadeSolidariaDeMeninos

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Fundación, Infancia, Meniños. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s