Meniños e o Concello de Pontevedra presentan o concurso de relatos e debuxos “O Soño da Bolboreta”

As ás da bolboreta ábrense e péchanse amosando a súa beleza mentras voan, do mesmo xeito que cando abrimos un libro voa a nosa imaxinación. Arredor do mundo, todos os nenos e nenas reciben educación na súa casa, no seo da súa familia, na súa aldea ou cidade e na súa cultura. Pero non todos os nenos e nenas van á escola, nin poden gozar dos libros. Amósanos cun debuxo como a bolboreta da túa imaxinación pensa nun mundo para eles.

Este é a idea do Concurso de Debuxos e Relatos “O Soño da Bolboreta”, organizado pola Fundación Meniños e a Concellería de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra, coa colaboración de entidades como e a editorial Kalandraka, e mediante o cal os nenos e nenas presentarán uns debuxos ou relatos relacionados cos dereitos da infancia, específicamente co dereito á educación.

Os debuxos e os relatos serán entregados ao persoal técnico da Fundación Meniños, que os recollerán persoalmente no Centro Educativo, ata o 13 de novembro de 2012.

O estudio dos traballos presentados e a selección dos premiados será feito por membros da Fundación Meniños, do departamento de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra e da Editorial Kalandraka.

Participantes
Poderán presentar os seus debuxos e relatos nenos e nenas comprendidos entre os cursos 4º, 5º ou 6º de infantil e de 1º a 6º de primaria, podendo competir nas seguintes categorías:
• Categoría infantil debuxos. 4º, 5º e 6º de infantil.
• Categoría primeiro ciclo primaria: debuxos. 1º e 2º de primaria.
• Categoría segundo ciclo primaria: relatos. 3º e 4º de primaria.
• Categoría terceiro ciclo primaria: relatos. 5º e 6º de primaria.
Cada participante non poderá presentar máis dun debuxo ou dun relato e poderanse presentar relatos en formato grupal.

A entrega de premios terá lugar nas dependencias do Concello de Pontevedra o próximo 20 de novembro, Día dos Dereitos da Infancia, sendo informados con anterioridade o Centro Educativo e os gañadores.

Entre os participantes serán seleccionados tres premios por categoría. Os premiados recibirán un lote de regalos, que poderán incluir libros e/ou material escolar.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s