María Dopeso: “A formación adquire un papel determinante para facilitar o acceso e a permanencia no posto de traballo”

María Dopeso, orientadora no Servizo de Orientación ao Estudante da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo.

María Dopeso traballa como orientadora no Servizo de Orientación ao Estudante da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, onde se leva a cabo o proxecto Grupo Motor de Emprego, un traballo que persegue o fin de mellorar a calidade de vida das familias que se atopan en situación de desvantaxe en relación ao mercado de traballo, promovendo así a formación educativa e laboral.

Dopeso explica que a empregabilidade é “a capacidade que unha persoa ten para desenvolver un emprego que satisfaga as súas necesidades profesionais, económicas, de promoción e de desenvolvemento ao longo da súa vida adóitase definir como empregabilidade (Fundipe, 2008)”. “Doutra banda, existen diversas definicións para o concepto de necesidades formativas, que se podería entender como a distancia que existe entre o conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que posúe unha persoa e aquelas que lle son requiridas para o desempeño do posto de traballo, a promoción profesional e o propio desenvolvemento persoal e social.

Para Dopeso, a formación é fundamental e, “ao longo da vida, relaciónase positivamente cun incremento do nivel de empregabilidade, da capacidade de participar en mellores condicións no mercado de traballo e por suposto na produtividade.  Polo tanto, a incorporación ao sistema educativo favorece a participación no mundo laboral”.

“A complexidade da integración sociolaboral xustifica a necesidade de planificar un conxunto de accións formativas específicas, sendo conscientes de que para desempeñar un traballo necesítase unha preparación e formación adecuada, dependendo a integración laboral e social do tipo de formación recibida. Desde modo, a formación adquiere un papel determinante para facilitar o acceso e a permanencia no posto de traballo”, aclara.

¿Sabías qué existen posibles vías de formación para adultos?:

Educación Secundaria para Adultos (ESA)

No primeiro cuadrimestre (setembro a xaneiro) poden matricularse todas as persoas que cumpran dezaoito anos ata o 31 de decembro. Para o segundo cuadrimestre, poden matricularse os que cumpran dezaoito anos ata o 30 de abril.

Hai algunhas excepcións a esta norma. Así, poden matricularse nesas ensinanzas as persoas que teñen cumpridos dezaseis anos e cumpren algunha destas condicións:

  • Ter un contrato laboral que lles impida asistir ás clases do réxime ordinario destas ensinanzas.
  • Ser deportistas de alto rendemento.
  • Que existan causas excepcionais que lle impidan asistir ao réxime ordinario.

Probas libres de graduado en secundaria

As persoas que teñan cumpridos dezaoito anos no día anterior ao da celebración da proba. Así, por exemplo, se as probas de 2013 se celebrasen o 31 de maio, unha persoa que se presente a estas probas debe ter cumpridos dezaoito anos o 30 de maio dese mesmo ano. A convocatoria publícase todos os anos no Diario Oficial de Galicia ao longo do mes de marzo.

Proba acceso ciclo medio

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

  • A proba divídese en tres partes:

– Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

– Matemática: Matemáticas.

– Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

Proba acceso ciclo superior

Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.

  • A proba divídese en dúas partes:

– Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas

– Parte específica:

Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.

Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.

Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

Bacharelato para adultos

Estas ensinanzas poden cursarse en dous anos escolares, por curso completo, ou por materias de forma independente. Se se opta por cursar materias de forma independente, non se deberán superar os 32 períodos lectivos semanais. As modalidades que se poden estudar e as materias que se cursan son as mesmas que no réxime ordinario.

Pola modalidade semipresencial, é obrigatoria a asistencia ás titorías de cada materia (unha hora semanal por cada materia que se curse).

A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente e os exames poden realizarse nas sete principais cidades galegas: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Matrícula

Modalidade presencial: 3 a 14 de setembro de 2012.

Modalidade a distancia semipresencial: 3 a 14 de setembro de 2012.

Modalidade a distancia telemática: 17 de setembro a 23 de novembro (a dirección do IES San Clemente poderá autorizar a matriculación ata o 30 de abril de 2013 por razóns xustificadas).

Probas libres título de bacharel

Poden matricularse as persoas que sexan maiores de vinte anos ou que cumpran esa idade no ano natural no que se celebre a proba.

Máis información: Servizo Estudante da Casa Xuventude Vigo

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Un café con.... Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s