O Equipo de Integración Familiar de Meniños, máis de 20 anos servindo aos menores

Avelina Senra (Cuqui), á dereita da foto, Josefa Tiebo (Fina), á esquerda, e Xosé Manuel Rey (Sechu), no centro, levan traballando no equipo máis de 20 anos.

O Equipo de Integración Familiar de Meniños, con sede en Vigo, é o primeiro equipo de traballo que tivo a nosa entidade e arrincou no ano 92.  No seu inicio, fai agora 20 anos, o nome era Equipo de Reinserción Familiar. Avelina Senra (Cuqui), Josefa Tiebo (Fina) e Xosé Manuel Rey (Sechu) foron os primeros que o viron nacer.  Agora, este grupo, que creceu até as seis personas, e todos eles cóntanos a súa experiencia.

O equipo, na actualidade.

P: Como foron os inicios do Colectivo Galego do Menor (92), a asociación que desenrolou o programa piloto?

R: O Colectivo Galego do Menor naceu no ano 1992 como una asociación de centros de internamento que loitaban pola defensa dos dereitos dos menores internos.

P: A de que organismo naceu este Grupo?

R: Nace a partir da Asociación Colectivo Galego de Promoción do Menor inadaptado, que se formou en 1983.

P: Como era o traballo que desenvolvía?

R: O Equipo de Integración Familiar nace no ano 1992 como un programa piloto que a Xunta concedeu ao Colectivo Galego do Menor para realizar intervención coas familias que tiñan ós menores en centro por maltrato ou abandono. Inicialmente, había un convenio de colaboración  co departamento de Personalidade e Tratamento da Facultade de Psicoloxía da Universidade do País Vasco, dirixido por Joaquín De Paul, coa finalidade de realizar a parte experimental do programa coa conseguinte aplicación, pola nosa parte, de diferentes instrumentos elaborados dende o departamento.

P: Que diferenzas e similitudes ten co actual Equipo de Integración familiar?

R: Non hai grandes diferenzas nin similitudes, foi unha labor continua de mellora tanto profesional como persoal. No ano 1992 o proxecto se estrenou en Vigo e no ano 1994, en vista dos bos resultados, estendeuse ás catro provincias. Dende o inicio, o persoal de Vigo somos os mesmos profesionais (dúas psicólogas no ano 1992 e o educador en 1994) até a actualidade, durante o  2012, cando se incorporan tres técnicos mais.

P: Como é o traballo que facedes na actualidade?

R: O traballo sigue a ser o mesmo que no 1992: intervención coas familias para que os menores poidan voltar á casa cos seus pais, ou intervir para realizar cambios para que os menores  permanezan no fogar. A intervención vai dirixida á familia dos menores que están internos en centro ou teñen expediente aberto en Menores aínda que, estean na casa. A intervención desenvólvese nas dependencias de Meniños e nos domicilios das familias. Tamén se realiza intervención con familia extensa e nos coordinamos cos axentes sociais: equipo educativo dos centros, traballadores sociais, centros de drogodependencia, saúde mental, etc.

P: Como se ve agora o voso traballo e cal é a vosa valoración?

R: A nosa valoración persoal e profesional é que este proxecto foi crecendo e evolucionando paralelamente, a medida que íamos adquirindo experiencia e engurras e formándonos continuamente.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Experiencias, Fundación, Infancia, Meniños, ONG, Un café con.... Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s