Meniños organiza un Ciclo de Cine Infantil na Biblioteca Pública de Pontevedra para este mes de novembro

Todas as sesións terán lugar na Biblioteca Pública Antonio Odriozola. Rúa Alfonso XIII (Pontevedra) e serán gratuítas.

Novembro 2012:

“Onde viven os monstros”. Mércores 7 novembro ás 18 h.

EE.UU. / 2009 / Dirección: Spike Jonze / Música: Carter Burwell, Karen O

Duración: 101 minutos

Max é un neno de 9 anos traveso e sensible, que se escapa da súa casa para navegar a través dos mares e converterse no rei dun marabilloso mundo de incribles monstros xigantes, ¡pero ser rei convértese nunha tarefa máis difícil do que parecía!.

“The Secret of Kells” Mércores 14 novembro ás 18 h.

Irlanda-Bélxica-Francia / 2009 / Dirección: Tomm Moore, Nora Twomey / Música: Bruno Coulais

Duración: 75 minutos / Animación

Brendan, un xove monxe de 12 anos, vive nunha abadía de Kells na Irlanda do século IX. Xunto co resto de irmáns, axuda a construir unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos viquingos. Cuando coñece ao Irmán Aidan, un famoso mestre miniaturista e “gardián” dun excepcional libro de miniaturas que está, porén, inacabado, o pequeno Bernard vai vivir incribles aventuras.

“Rio”. Mércores 21 de novembro ás 18:00 h.

EE.UU. / 2011 / Dirección: Carlos Saldanha / Música: John Powell Duración: 96 minutos / Animación

“Rio” é unha comedia de animación ambientada na cidade brasileira de Rio de Janeiro durante a súa maior e máis popular festa: O “Carnaval”.

Blu é un paxaro da especie dos papagaios que medrou nunha pequena aldea de Minnesota en EEUU, crendo que é o derradeiro exemplar da súa especie. Un dia entérase de que unha papagaia da súa especie foi descubierta en América do Sur e viaxa a Río para atopala.

“As Aventuras de Sammy”. Mércores 28 de novembro ás 18:00 h.

Bélxica / 2010 / Dirección: Ben Stassen / Música: Ramin Djawadi / Duración: 85 minutos / Animación

Sammy é unha pequena tartaruga que vive deixándose arrastrar polas correntes na compaña do seu amigo Ray. Despois dun percance cuns pescadores acaba sendo recollida por un neno que a coidará durante varios meses. Pasado un tempo, decide reanudar a súa viaxe, vivindo un sinfín de aventuras con fabulosos compañeiros.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Experiencias, Infancia, Meniños, ONG. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Meniños organiza un Ciclo de Cine Infantil na Biblioteca Pública de Pontevedra para este mes de novembro

  1. Unha iniciativa xenial! Compartirémolo na nosa web http://lamariola.es ! 😉 Un saúdo!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s