Meniños inaugurou o seu Centro de Asesoramento e Terapia Familiar

O acto tivo lugar na sede do propio Centro (Alcalde Marchesi 18, 1ºD A Coruña), e contou coa presenza do presidente da Fundación Meniños, Valentín Escudero Carranza, e a directora da mesma, Mónica Permuy López.

O Centro de Asesoramento e Terapia Familiar é unha alternativa para axudar a familias que necesitan solucionar problemas relacionados cos seus fillos e fillas ou resolver dúbidas sobre o proceso educativo. Como sinalou o presidente de Meniños, Valentín Escudero Carranza, “ofrécese tanto confianza e apoio como traballo terapéutico. Non hai que sentirse mal ante a necesidade de pedir axuda, hai que velo coma unha solicitude de colaboración”.

Este centro trátase dun servizo aberto directamente aos usuarios, e espérase atender principalmente situacións de estrés familiar, familias en proceso de acollemento ou adopción, pais con dificultades no manexo dos seus fillos e fillas e adolescentes con dificultades.
A directora Xeral de Meniños, Mónica Permuy, destacou que o obxectivo da entidade con este Centro é “ser moi eficientes, para o que contamos cunha ampla traxectoria de traballo con Infancia e Familia, e coa supervisión e colaboración externa da Universidade da Coruña e profesionais do ámbito sanitario”.

Ver o folleto

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Actualidad, Adolescencia, Familia, Fundación, Meniños. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s